Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A deputación sinalizará por primeira vez con fitos quilométricos uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas

Investiranse máis de 370.000 euros na actuación, que se dividirá en catro lotes

EP-3101 en Tebra, no termino municipal de Tomiño na comarca do Baixo Miño

Fecha: 15 de Febrero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra sinalizará por primeira vez uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas con novos fitos quilométricos. Estes novos sinais identificarán que a vía é titularidade da institución provincial, o seu correspondente inicio e o final, así como a súa quilometraxe, e servirán como referencia e ubicación para usuarios e técnicos de mantemento, segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez.

O deputado responsable das vías provinciais destacou que nestes momentos a maior parte das estradas da Deputación non están reseñadas como tales, xa que apenas se fixeron campañas ao respecto por parte dos anteriores gobernos provinciais. Neste sentido, destacou que apenas se instalou sinalización vertical desta tipoloxíana comarca do Salnés e noutros concellos espallados, onde se colocaron ‘monolitos' co antigo logotipo provincial.

O novo contrato aprobado polo departamento de Mobilidade supón a sinalización do 70% do viario que a día de hoxe non está reseñado. Os novos sinais estarán formados por placas rectangulares reflexivas, de deseño atemporal e con certificado de conformidade CE, seguindo o criterio que tamén utilizan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para o seu viario. Aportarán datos da denominación oficial da estrada (EP -correspondente ás iniciais de estrada provincial-), o seu número (cuxas dúas primeiras cifras corresponden aos concellos nos que se ubica e as dúas seguintes ao número de vía provincial dentro do municipio), así como os puntos quilométricos onde están situados, dende o inicio ao final da estrada. Ademais de para ubicar aos condutores servirán tamén como dato técnico para o replantexamento de futuras obras.

Benítez apunta que o contrato para o subministro e instalación dos fitos quilométricos divídese en catro lotes -organizados en función do traballo dos vixiantes de zona das estradas provinciais- que suman un orzamento de 370.658,49 euros. O primeiro lote abranguerá as comarcas de Pontevedra, Vigo, Condado e Paradanta (cun orzamento de 82.910,87 euros), onde serán instalados 411 fitos; o segundo lote suporá a colocación de 359 sinais nas comarcas de Pontevedra, Morrazo e Caldas de Reis (cun orzamento de 72.287,83 euros); o terceiro lote suporá a instalación de 428 fitos nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado, Caldas e O Salnés cun orzamento de 86.569,73 euros; e finalmente, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Caldas destinanse 128.890,06 euros para 640 sinais.

Nestes momentos está iniciada xa a tramitación da contratación, que se publicará no BOPPO oficialmente para despois recoller as ofertas de empresas, valoralas e adxudicalas segundo criterios técnicos e económicos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí