Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Deputación volve a apostar polo o acceso á educación musical coa concesión de subvencións a escolas de música da provincia

Chegarán ao Baixo Miño cunha achega para a Asociación Agrupación musical do Rosal.

Chegarán ao Baixo Miño cunha achega para a Asociación Agrupación musical do Rosal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Noviembre de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra revalida a súa aposta pola cultura coa concesión de achegas  a 24 escolas de música da provincia que dependen de asociacións sen ánimo de lucro. As subvencións, que teñen un orzamento de 80.000 euros, están destinadas a entidades de 16 concellos da provincia e oscilan entre os 2.100 euros e 4.200 euros “dependendo do número de persoas que estean estudiando nelas”, informou a presidenta Carmela Silva.

 

Con estas achegas a Deputación democratiza o acceso a estes centros xa que “vivas onde vivas tes que ter dereito a ter unha escola de música onde formarte” e, neste senso, fai que “a formación musical chegue a todos os recunchos, dende as grandes vilas e cidades -que teñen orzamentos que permiten subvencionalas- ata os concellos máis pequenos”. Carmela Silva fixo fincapé na necesidade deste tipo de educación “que constrúe sociedades máis avanzadas porque a cultura e música permítennos as persoas formarnos dunha forma máis integral”.

 

As subvencións chegarán á comarca do Deza con subvencións á Asociación Amigos Banda de Música de Agolada, á Nova Banda de Música de Vilatuxe e á Banda de Música de Lalín así como á Asociación Cultural Banda de Música de Silleda. Na comarca de Arousa financiaranse as Pre-escolas de Música dos concellos de Ribadumia e Vilanova. Na comarca de Pontevedra os fondos chegarán á Asociación Cultura e Xuventude de Barro e á Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa así como a tres entidades do concello de Pontevedra: a Musico Cultural San Martiño Salcedo, a Asociación Cultural A Tempo Escola de Música e a Agrupación Musical de Vincios. E no Morrazo subvencionarase a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, de Cangas.

 

Para a comarca de Vigo a Deputación aprobou achegas para a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso Mos, a Asociación Cultural e Social de Chapela (Redondela) e Amigos da música (Salceda de Caselas). Ademais, tamén se financiarán cinco entidades do concello de Vigo: a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida, a Asociación Banda Escola de Música de Beade, a Unión Musical de Coruxo, a Asociación Banda de Música Unión Musical de Valladares e o Ateneo musical de Bembrive. As achegas tamén chegarán á comarca do Condado con financiamento para a Banda de Música de Rubios (As Neves) e a Asociación Banda Xuvenil de Xinzo e a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns (ambas de Ponteareas). Do mesmo xeito, chegarán ao Baixo Miño cunha achega para a Asociación Agrupación musical do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí