Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A derradeira xeira de verán organizada polo Concello de Tomiño ofrece da man do IEM, un percorrido polos petróglifos do Tetón

O punto de encontro será o lugar coñecido coma Alto do Padrón, na Estrada Gondomar-Tomiño, ás 20.00 horas

O punto de encontro será o lugar coñecido coma Alto do Padrón, na Estrada Gondomar-Tomiño, ás 20.00 horas

Fecha: 23 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O vindeiro xoves, 23 de agosto, ás 20.00 horas terá lugar a derradeira xeira, para todo público e gratuíta, organizada pola Concellalía de Turismo e Patrimonio, que dirixe Fátima Rodríguez, dentro do programa de verán "Tomiño Único".

Nesta ocasión realizarase unha saída denominada "O Monte Tetón. A paisaxe tatuada", coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), que será guiada polo experto Xosé Lois Vilar. Na mesma, o punto de encontro será a zona coñecida coma o Alto do Padrón, na estrada Tomiño-Gondomar, ás 20.00 horas. Na seguinte ligazón atópase a situación exacta da zona:
 

https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1Vr7dRzrqjsdunbNMkJWfT44cyBeAaHAU&ll=42.06286980000004%2C-8.744373900000028&z=17

A visita, dunhas dúas horas de duración, consistirá nun paseo polos principais petróglifos do Monte Tetón (Portaxes e de Real Seco), dentro do Parque Arqueolóxico do mesmo nome. Ambos os dous forman parte dunha ruta sinalizada e atópanse perfectamente delimitados, cunha plataforma de madeira para poder observalos sen ningún perigo. A antigüidade do conxunto remóntase aos anos 3000-2000 antes de Cristo.

O petróglifo de Portaxes é o maior en círculos concéntricos de toda Europa.

Por enriba dos gravados sitúase o Monte Tetón (474 m), dende onde pode desfrutarse dunhas magníficas vistas do Val Miñor e  O Baixo Miño.

Coma en outras anteriores, nesta última xeira contarase tamén coa colaboración de intérpretes de lingua de signos, de xeito que as persoas con problemas de audición, poidan desfrutar tamén desta interesante proposta cultural, natural e etnográfica. Non é necesario anotarse previamente.

Os organizadores recomendan levar calzado e roupa cómoda, algo de abrigo e auga.

Segundo informa a concelleira Fátima Rodríguez, o Concello está a ultimar distintas melloras nas pasarelas e varandas do Parque arqueolóxico, para que a xente poida visitar a zona con total seguridade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones