Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Dirección Xeral de Medios da Xunta de Galicia esquécese dunha boa parte dos medios dixitais

As Axudas para a promoción do Galego recaen na súa meirande parte en medios que apenas empregan a lingua galega.

As Axudas para a promoción do Galego recaen na súa meirande parte en medios que apenas empregan a lingua galega.

Fecha: 05 de Enero de 2017

Fuente: Infomiño.com

A Xunta de Galicia ven de facer público os datos das axudas promovidas e concedidas pola Dirección Xeral de Medios para empresas que realicen as súas publicacións na lingua galega, resultando moi beneficiados os grandes medios que tan só precisan realizar un 8% das súas publicacións en galego.

Ademáis unha boa parte dos medios dixitais, moitos deles de carácter comarcal ou provincial, non poden acceder a estas axudas debido ós requisitos impostos, entre eles un mínimo de 5 traballadores en activo, o que fai que moitos medios queden fora destas axudas, en beneficio dos que, ano tras ano, se levan o "pastel".

Aínda que o fin ou obxectivo destas axudas é o fomento das publicacións en galego, nas bases destas axudas se especifica que tan só será necesaria a publicación dun 8% en galego do total de publicacións, o que promove finalmente que se realice case a totalidade das publicacións en castelán, reservando un mínimo para a lingua galega.

Malia que o panorama informativo está a cambiar drásticamente de cara á información a través de medios online e dixitais, a Dirección Xeral de Medios mantén dende fai anos a mesma dinámica nas únicas axudas que dende este organismo se conceden ós medios, esquecéndose da gran variedade e importancia dos medios dixitais máis pequenos, moitas veces máis directos e en contacto coa cidadanía que os "grandes".

Infomiño.com, malia recibir máis de 2 millóns de visitas ó ano e máis dun millón de páxinas vistas cada mes, quédase fora destas axudas ó non cumprir o requisito do mínimo de 5 traballadores imposto nas bases destas axudas, tras máis 6 anos de traballo informativo, con máis dun 70% das súas publicacións en galego e máis de 32.000 publicacións realizadas neste período.

Ligazóns de interese:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0244-201216-0002_gl.html

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161230/AnuncioG0244-201216-0003_gl.html

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí