Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Escola Eu Rural pon en marcha -Coas mans na masa-

Un itinerario formativo sobre elaboración artesanal de conservas

Un itinerario formativo sobre elaboración artesanal de conservas

Fecha: 19 de Abril de 2018

Fuente: EU Rural

Inclúe a celebración de nove cursos en nove concellos do GDR 14 entre 2018 e 2019 cos que se buscan engadir valor ao sector primario a través da transformación e conservación dos alimentos

Aprender a transformar os alimentos de tempada que abundan na contorna en conservas artesanais e naturais, obtendo produtos de gran calidade para o autoconsumo. Este é un dos obxectivos cos que a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020, porá en marcha o itinerario formativo ‘Coas mans na masa', centrado na transformación de produtos do sector primario.

Con este itinerario preténdese engadir valor a este sector a través da transformación e da conservación de alimentos. As primeiras accións estarán centradas na elaboración artesanal de todo tipo de conservas e contempla a celebración de nove cursos que se realizarán entre 2018 e 2019 nalgúns dos concellos que conforman o territorio do GDR 14: Pazos de Borbén, Tomiño, Mos, Oia, Gondomar, A Guarda, Redondela, O Rosal e Baiona.

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. Os cursos son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org , dirixíndose ao apartado denominado Escola. A quenda de cursos comezará o vindeiro mes de maio en Pazos de Borbén e rematará en marzo de 2019 en Baiona. Impartiranse en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

Formación para fomentar o emprendemento no rural
Este itinerario formativo foi presentado este mércores 18 de abril no salón de plenos do Concello de Oia pola presidenta da asociación e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen asegurou que "con novas iniciativas como esta damos un paso máis e continuamos a traballar na formación como eixo para facilitar o emprendemento no rural, creando un caldo de cultivo para novas ideas empresariais que se asenten no noso territorio. Non é formar por formar, senón formar para favorecer o emprendemento".

González estivo acompañada neste acto pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, para quen este programa "continúa a contribuír coa dinamización e mellora da calidade de vida no rural, sobre todo en zonas de gran dispersión poboacional". Xunto a elas, na presentación, estiveron tamén a alcaldesa do Rosal, María del Carmen Alonso; o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; o alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal; o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Alumeado Público de Baiona, José Ángel Bahamonde; e o concelleiro de Limpeza, Parques, Xardíns e Revalorización dos Espazos Públicos de Mos, Cándido Pérez.

‘Coas mans na masa' nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Esta acción formativa pretende completar a actividade realizada o ano pasado co itinerario ‘Cos pés na terra', que puxo en marcha unha serie de actividades relacionadas coa produción primaria e coa posta en valor do sector agrogandeiro.

Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones