Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Eurocidade achega o mundo da arte a máis de 400 estudantes de Tomiño e Cerveira

Exploran técnicas artísticas como a creación de collages, a construción de maque-tas en 3D ou o deseño de ilustracións con varias escalas de cinza

As actividades enmárcanse nun dos proxectos gañadores do OPT 2018, proposto pola Mesa de ANPAs de Tomiño e a Escola Superior Gallaecia de Cerveira

Fecha: 24 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Diversión, convivencia e achegamento ao mundo da arte. Eses son os piares das cinco sesións de actividades artísticas organizadas pola Escola Superior Gallaecia de Cerveira en colaboración coa Mesa de ANPAs de Goián e a ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos ao abeiro dun dos proxectos gañadores na votación do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) 2018. Máis de 400 estudantes de 6º de Primaria e de 3º da ESO de Tomiño e de 6º e 9º ano en Cerveira participan nestas actividades que arrancaron en outubro e que rematarán o vindeiro mes de maio cunha última xuntanza nas instalacións da escola artística Gallaecia á que asistirá alumnado do CEIP de Sobrada e do CEIP Plurilingüe de Tebra, ademáis de estudantes de diversos centros cerveirenses.

O proxecto ten como obxectivo principal achegar á poboación infantil e xuvenil de Primaria e Se-cundaria ao mundo da arte, facilitando que dean os primeiros pasos na súa formación artística ofrecéndolles espazos para a experimentación e a creación, así como novos coñecementos das artes plásticas e da arquitectura. Ademais, búscase promover as interaccións e experiencias inter-culturais entre a mocidade de Cerveira e Tomiño e fomentar a convivencia creando grupos de traballo con alumnado galego e portugués.

Tres actividades claves
Baixo a supervisión de profesorado especializado, os e as estudantes exploran diversas técnicas artísticas que lles axudan a experimentar coa súa creatividade e a entender os diferentes usos e concepcións do espazo. Por un lado, o alumnado traballa co modelado e a simulación en 3D, aprendendo conceptos relacionados coa arquitectura e o espazo tridimensional para poder des-pois crear unha maqueta de edificios, obxectos e elementos de recheo.


Por outro, os rapaces e rapazas exploran o debuxo de ilustracións a partir do deseño de sólidos e outras formas gráficas, creando formas e contrastes a través de puntos de luz, variación de tonali-dades e gradación de sombras.


Estas dúas actividades compleméntase cun obradoiro dedicado á técnica do collage, na que o es-tudantado pode desfrutar dunha exposición de traballos realizados con collage de recoñecidos artistas como Miró, Braque ou Dalí, entre outros. Despois deste primeiro achegamento a esta téc-nicas, os rapaces e rapazas crean as súas propias composicións e narrativas con diversos elemen-tos, conformando a súa propia historia feita con esta técnica.


Orzamento Participativo
Estas actividades enmárcanse no Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018, unha das priori-dades da Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira-Tomiño coa que se pretende potenciar a parti-cipación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP de cooperación transfronteiriza a tra-vés de fondos FEDER da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones