Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolle un encontro internacional sobre migración do proxecto THRUST

Representantes de 7 países participarán do 25 ao 27 de outubro en distintas actividades para mergullarse na realidade transfronteiriza

Tomiño presentará a experiencia de cooperación transfronteiriza na Eurocidade e falará sobre a arquitectura indiana e a súa relación coa emigración galega

Fecha: 26 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño será a sede dunha nova reunión do proxecto THRUST (Trusting in Human Resources for Union Solidarity and Teamwork), un programa europeo que busca o intercambio de pareceres sobre problemas que afectan á Unión Europea e a valores como a dignidade humana e a loita contra a discriminación e a xenofobia. Os vindeiros días 25, 26 e 27 de outubro, representantes de sete países visitarán Cerveira e Tomiño para coñecer de primeira man a experiencia de relación e convivencia transfronteiriza da Eurocidade.

Durante tres días persoas voluntarias, ONGs e asociacións dos sete países socios do proxecto (Alemaña, España, Italia, Letonia, Polonia, Portugal e Suecia) compartirán as súas experiencias en voluntariado, especialmente naqueles ámbitos relacionados coa inmigración; debaterán sobre políticas de solidariedade e inclusión e compartirán obxectivos e boas prácticas de integración e relación intercultural.

Workshop, visitas e Deporte e Amizade
Ademais de como anfitrións, Tomiño e Cerveira participarán nesta reunión de xeito activo presentando a experiencia de cooperación transfronteiriza na Eurocidade e transmitindo ás persoas participantes a experiencia da arquitectura indiana e a súa relación coa emigración galega. Así, o venres 25 a cámara municipal de Cerveira acollerá os workshops iniciais das xornadas, sobre inmigración e voluntariado e sobre migración e integración, con participación de inmigrantes residentes na vila potuguesa. A xornada rematará coa visita ao Castelo D. Dinis, ao Cervo e ao Convento San Payo.

Durante a segunda xornada, o sábado 26, as persoas participantes visitarán a Escola Peirópolis, en Tomiño, exemplo de arquitectura indiana, para logo acudir ao viveiro Cultivos Casaíta e finalizar cunha visita e almorzo no Mercado de Tomiño, onde se presentará a Eurocidade Cerveira-Tomiño. Xa o domingo 27 as delegacións europeas participarán no encontro Deporto e Amizade organizado pola Eurocidade no Parque de Lazer do Castelinho de 10 a 14 h.

Proxecto THRUST
A participación no proxecto THRUST foi impulsada polo municipio de Vila Nova de Cerveira e conta con outros seis concellos socios participantes: Tomiño (Galicia, España), Filipstad (Suecia), Mielno (Polonia), Amt Trittau (Alemaña), Siguldas Novads (Letonia) e Vallerano (Italia). O obxectivo é crear as condicións necesarias para compartir opinións e experiencias en cuestións de voluntariado, especialmente nas referentes ao problema da inmigración, un problema crecente que debe ser resolto a través da cooperación e da solidariedade ente as comunidades e os países.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones