Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño amplía e mellora a xestión compartida de servizos en 2019

Os dous concellos veciños pretenden lanzar a Tarxeta Eurocidade, e organizan as Xornadas de Turismo Cerveira-Tomiño, o próximo día 31

Os dous concellos veciños pretenden lanzar a Tarxeta Eurocidade, e organizan as Xornadas de Turismo Cerveira-Tomiño, o próximo día 31

Fecha: 26 de Enero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Dinámico e ambicioso, así se presenta o Plan de Actividades da Eurocidade Cerveira-Tomiño para 2019, aprobado polo Comité de Xestión Estratéxica. Alén de dar continuidade a algunhas accións-chave e consolidar eventos, os dous concellos veciños pretenden lanzar a Tarxeta Eurocidade, así como aplicar unha plataforma tecnolóxica para xestión de servizos públicos partillados. O obxectivo é axilizar rutinas diarias comúns ás dúas poboacións.

O conxunto ampliado de actividades propostas para execución no corrente ano no territorio común de Cerveira-Tomiño, encóntrase distribuído en dous grupos: un referente ao proxecto Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza, financiado polo Interreg V-A, e un segundo relacionado con iniciativas promovidas polos dous gobernos locais.

En ambos os casos, a liña de actuación incidirá no reforzo da participación pública e da xestión compartida de servizos públicos. Neste ámbito, hai dous mecanismos novos e interactivos para aplicación en 2019. Trátase do lanzamento da devandita Tarxeta da Eurocidade Cerveira-Tomiño, que permitirá a identificación dos cidadáns nos diversos servizos municipais, con posíbeis vantaxes; e a implementación dunha plataforma tecnolóxica para a xestión de servizos públicos coma a Piscina Municipal de Vila Nova.

No ámbito da economía, foron identificados dous sectores-chave, Turismo e Plantas Ornamentais, para os cales xa foron dinamizados grupos de traballo de forma a afondar o coñecemento e definir unha promoción conxunta. Unha das accións xa delineadas é a organización das Xornadas de Turismo Cerveira-Tomiño, o próximo día 31 de xaneiro.
Asemade continuarán prestándose, durante o ano de 2019 servizos coma os que prestan as provedoras/valedoras da cidadanía; a 3ª edición do programa "Deporte para Todos" con actividades gratuítas para nenos, usuarios dos IPSS e maiores de 55 anos de idade; e o proceso de Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), nomeadamente a realización dos dous proxectos electos na 3ª edición do OPT para realización de actividades para ocupación dos tempos libres para nenos e mozos, e o lanzamento da 4ª edición en setembro.

Alén destas accións integradas no proxecto da Axenda Estratéxica Transfronteiriza Cerveira-Tomiño -con prazo de conclusión en decembro de 2019 e unha participación, até ao momento de máis de 7000 persoas-, Cerveira e Tomiño tamén promoven eventos culturais, con organización e financiamento conxunto. Está prevista unha edición máis de "EDUCARTE" Mostra de Arte Infantil e Xuvenil que presenta, en maio, decenas de traballos artísticos elaborados polos alumnos das varias escolas de Cerveira e Tomiño; o Eurocidade Cerveira-Tomiño Kids Festival, dirixido á poboación moza dos dous concellos; e a promoción dun premio de pintura integrado no certame "Pintor António Fernandez".

Tras a sinatura da Carta da Amizade Cerveira-Tomiño (11 de xuño de 2014), a cooperación entre os municipios foi consolidada con accións que reforzaron positivamente as relacións institucionais e sociais, tendo como prioridade a participación pública e activa da cidadanía. Dando máis un paso de afirmación na cooperación transfronteiriza, os dous gobernos autónomos avanzaron coa constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño (4 de outubro de 2018). O obxectivo é continuar a traballar en prol da aproximación das comunidades fronteirizas, da supresión das dificultades subxacentes ás fronteiras, e da promoción do desenvolvemento económico, social e cultural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones