Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A EX XERENTE DE ADIF EN GALICIA CUBRE O POSTO DE DIRECCIÓN DO SERVIZO MOBILIDADE NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez defendeu a necesidade de fixar criterios técnicos e non políticos para as intervencións futuras

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez defendeu a necesidade de fixar criterios técnicos e non políticos para as intervencións futuras

Fecha: 26 de Febrero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A ex xerente de área de Adif en Galicia, Isabel Pardo de Vera, é a nova responsable do Servizo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra dende hai unha semana. O cargo provincial, que estaba vacante ata o de agora -ocupado en funcións por un xefe de servizo-, foi cuberto logo dun procedemento aberto mediante convocatoria pública e, segundo aseguraron tanto o vicepresidente provincial César Mosquera como o deputado de Mobilidade Uxío Benítez pretende que o departamento provincial de infraestruturas traballe de modo "máis ordenado, rápido e eficaz deixando a un lado os criterios políticos que rexían ata o de agora".

O nova responsable do servizo, funcionaria dependente do Ministerio de Fomento dende 2007 ata a súa incorporación na Deputación, asegurou que o seu obxectivo é "reestruturar o departamento e realizar unha xestión dos recursos humanos que permita unha maior eficiencia dos recursos públicos", así como "levar adiante unha política de mobilidade sostible baseada nos criterios de actuación marcados políticamente e que eu comparto", en referencia ao decálogo de criterios de actuación nas vías provinciais aprobado no último pleno. De feito, sinalou, que se non compartise esa visión da mobilidade "non tería aceptado a responsabilidade".

Neste sentido, o deputado Uxío Benítez apuntou que un dos requisitos que se esixían para a praza, ademais de ser enxeñeiro con praza na administración pública, foi a presentación dun plan de Mobilidade que, segundo sinalou, no caso de Pardo de Vera seguía a liña dos criterios do novo goberno provincial. "Ese foi un dos motivos que nos levaron a escollela a ela porque temos moi claro que eses criterios son a pauta de todas as obras futuras, foron aprobados en Pleno e serán a Biblia das nosas intervencións", sentenciou.

O nacionalista sinalou que a finalidade última de incorporar novos técnicos ao servizo de Mobilidade (anterior servizo de Infraestruturas) é "cambiar radicalmente as cousas" con respecto a como se facían nos últimos anos do Goberno Louzán.

Benítez explicou que nos meses que o novo goberno da Deputación leva traballando na institución detectouse que o servizo de Mobilidade estaba descabezado de persoal técnico cualificado. Así, para a xestión de máis de 140 traballadores só había dous enxeñeiros técnicos, un que ocupaba en funcións o cargo de director e outro máis.

Por outra banda, sinalou que nos últimos anos houbo unha preponderancia clara do criterio político sobre o técnico á hora de decidir as actuacións en materia de infraestruturas, facendo obras discrecionalmente onde decidía o equipo de Goberno. "Había unha ausencia total e absoluta de criterios técnicos para decidir onde, cando e como se facían as obras", dixo.

"Detectado todo iso, quixemos cambiar e construír un equipo de dirección e non pararemos aquí. Na nosa idea está cubrir nas vindeiras semanas outras dúas prazas técnicas vacantes, e cambiar por completo o criterio de actuación na rede viaria provincial dándolle prioridade ás persoas", finalizou.

Pola súa banda, Pardo de Vera, explicou que a súa incorporación á Deputación de Pontevedra "é un novo proxecto persoal" que afronta como un reto. Polo de agora, segundo apuntou, na súa primeira semana de traballo está coñecendo o departamentos e ao persoal. "Ten que haber un traballo claro de planificación, de proxectos e execución de obra coa máxima rigurosidade optimizando todas as actuacións", sinalou.

"Desorganización brutal"
O vicepresidente provincial, César Mosquera, manifestou a súa satisfacción pola incorporación de Pardo de Vera. "Completamos unha plantilla de profesionais altamente cualificados que se quixeron incorporar á Deputación. Isabel ten un perfil absolutamente interesante, xa que foi quen de xestionar e organizar un área como a Alta Velocidade", insistiu.

En canto á reordenación de obras, Mosquera apuntou que a situación é "difícil" porque hai que "refacer unha dinámica de moitos anos". "Hai que insistir en que a desorganización coa que nos atopamos foi brutal, actuando sen ter terreos a disposición... Había actuacións moi necesarias que estaban paralizadas e mentres estábase a destrozar o territorio sen planificación e a salto de mata", dixo.

"Entendo que Isabel ten un reto apaixonante e difícil por diante con traballo arreo. Sábeo e asumiuno e estamos seguros de que haberá bos resultados", finalizou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí