Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A exposición da obra pictórica de Ramón Trigo estará no Rosal ata o 20 de novembro

A veciñanza poderá visitala de luns a venres de a 18.00 a 20.00 horas e sábados de 11.00 a 13.00 h nos baixos do Concello

A veciñanza poderá visitala de luns a venres de a 18.00 a 20.00 horas e sábados de 11.00 a 13.00 h nos baixos do Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello do Rosal

A obra pictórica de Ramón Trigo pode visitarse no salón de exposicións do Concello do Rosal ata o vindeiro 20 de novembro. A entrada é de balde e estará aberta de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas e os sábados de 11.00 a 13.00 h. O concelleiro de Participación, Ramón Fernández Leal, anima á veciñanza a asistir e desfrutar “da obra dun gran artista que centra as súas pinturas na ría de Vigo e no Baixo Miño”.

Ramón Trigo inaugurou a exposición xunto ao seu irmán Xosé o pasado venres, cando presentaron, xunto ao Colectivo Carballas, tres novelas gráficas inspiradas en sucesos da comarca e da cidade olívica. “O burato do inferno” trata sobre o fenómeno do contrabando no Baixo Miño e no norte de Portugal, “Ricardo Mella, o home novo” relata a vida do escritor e pensador libertario, un dos teóricos máis brillantes do anarquismo español e natural de Vigo, e “Lobada” debuxa a historia da II Guerra Mundial en Galicia, concretamente na cidade olívica.

Ramón Trigo é un artista de formación artística autodidacta, a súa vocación maniféstase na escola, na que sendo un neno comeza a debuxar cómics dunha maneira case compulsiva. Con dezaoito anos logra que os seus cómics publíquense no Faro de Vigo, e en 1984 participa na súa primeira mostra colectiva de cómic na Universidade Popular. A súa primeira exposición individual realízaa na Casa da Cultura de Vigo en 1990. Logra un temperán recoñecemento co Premio Arte  Xoven  Galego (Vigo, 1989), ao que lle seguen outros como o destacado Premio de Pintura Ademar- Champagnat (Vigo, 1994), e tamén obtén unha serie de galardóns polos seus libros ilustrados; xénero no que cultiva un destacado éxito. 

No seu traballo aterna a pintura e a escultura coa ilustración, o cómic, a animación…pois considera todas estas disciplinas “parten dunha mesma tolemia”. Dentro do universo das artes plásticas traballa principalmente o debuxo e a pintura, e interésase especialmente pola figura humana —en concreto o espido—, a paisaxe —cunha gran presenza de mariñas— e o bodegón.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí