Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Feira do Viño do Rosal camiña cara a presencialidade con prudencia e contención

Concerto de The Soul Jacket, monólogo de Sergio Pazos, sesións de música experiencia, andainas ou actividades para nenos e nenas, parte da programación

Será necesaria a inscrición previa para participar en calquera das actividades programadas, limitadas a un aforo de 250 persoas

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Julio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A Feira do Viño do Rosal quenta xa motores para un evento organizado “aplicando un criterio de prudencia e adaptándonos á nova realidade, porque cremos que é importante ir dando pequenos pasos cara a esa normalidade que estamos todos e todas desexando”. Así o explicaba a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, que este mércores presentaba a nova imaxe da feira acompañada da asociación de adegueiros Cabaqueiros do Rosal, composta polas 9 adegas con DO Rías Baixas O Rosal.

A Feira do Viño afrontará así os vindeiros 16, 17 e 18 de xullo a súa XXIX edición con estritos protocolos de prevención e restricións marcadas dende a propia Xunta. Por este motivo, nesta ocasión será necesaria a inscrición previa para participar en calquera das actividades organizadas ao longo dos tres días, que contarán cun aforo limitado a arredor de 250 persoas.

A feira arrancará o venres 16 de xullo co tradicional acto institucional para dar paso ao monólogo de Sergio Pazos. O sábado 17 o público poderá desfrutar dun concerto experiencia no que combinar a música co viño e, xa pola tarde, haberá actividades infantís e de peche da xornada o concerto do grupo The Soul Jacket. O domingo 18 a feira rematará cunha ruta guiada polos muíños do Folón e do Picón “para poñer en valor unha parte importante do patrimonio” e cun concerto lixeiro onde volver revalorizar a emoción do viño mesturando a experiencia enolóxica coa música.

“Queremos que sexa un acto que sirva tamén para resaltar a importancia que ten o viño no Rosal e que somos denominación de orixe. Por iso convidamos a todas as persoas a que participen nesta nova edición con toda a prudencia do mundo, porque volvemos pouco a pouco a unha feira presencial pero priorizando sempre a saúde pública”, recalcaba a rexedora.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí