Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A folga nas Galiñas Azuis continúa en novembro despois de que a Xunta non acadara un acordo no proceso de negociación coa CNT

O Comité de folga da CNT no Consorcio Galego de IeB lamenta a falta de espírito negociador da Xunta, que só se sentou na mesa en modo informativo.

O Comité de folga da CNT no Consorcio Galego de IeB lamenta a falta de espírito negociador da Xunta, que só se sentou na mesa en modo informativo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2022

Fuente: CIG

A folga nas Galiñas Azuis e resto de servizos do Consorcio continuara nos períodos previstos en novembro e decembro. As negociacións do comité de folga coa Xunta de Galicia víronse interrompidas tras 2 reunións durante outubro. A Xunta non ofreceu en ningún momento solución algunha ou tentativa de achegar posicións. Segundo o comité de folga explica: "Semella que a Xunta entende que negociar é informar do que quere facer coas traballadoras, sen chegar a ningún acordo"

A última reunión foi o día 25 de outubro, e dende Función Pública non se aclarou data para unha nova
xuntanza. Segundo comentan as traballadoras do comité de folga "A negociación volveuse moi dura cando se observou que o Director Xeral de Función Pública non tiña interese algún en negociar". Despois de 3 anos de conflito as traballadoras séntense ninguneadas. As accións diminuíron a intensidade cando se comezou a negociar pero, segundo aclara o comité, volverán a realizarse coa máxima contundencia.

A presente folga, que se reactivará mañá, convocouse no mes de xuño para comezarse en setembro. Nos
dous meses que leva activa realizáronse múltiples contactos e as traballadoras recibiron diversas mostras de apoio de concellos, deputacións e incluso da FEGAMP. As accións principais de protesta foron os cortes de trafico nas principais cidades e os escraches nos actos do Presidente Alfonso Rueda, en xornadas marcadas pola omnipresencia das traballadoras, con máis de dúas accións diarias espalladas por todo o territorio.

As principais esixencias das traballadoras para rematar coa folga son a garantía dunha convocatoria específica no ente, a garantía de oposición non eliminatoria como permite a lei, a retirada do concurso de traslados, unha baremación xusta na que a experiencia se contabilice a antigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración, como é usual nestes procesos e se fai para a estabilización do persoal doutros entes instrumentais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí