Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A frautista rosaleira Ana Mª Fernández Álvarez, gañadora do IV Concurso de Xoves Intérpretes -Antonio Granja-

No certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, participaron 35 xoves músicos de toda Galicia e tamén chegados dende Portugal.

No certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, participaron 35 xoves músicos de toda Galicia e tamén chegados dende Portugal.

Fecha: 31 de Mayo de 2018

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

O certame, que dende as súas primeiras edicións tiña como obxectivo fomentar entre os alumnos da escola de música o estudio, a superación persoal e a competición sa, converteuse xa, dende a edición pasada, nun referente a nivel galego e nesta ocasión tamén internacional, para os xoves talentos musicais, ao estar aberta a categoría de máis idade, a C, a participantes de calquera procedencia.

Así pois, durante a mañá do pasado domingo 27 competiron 15 intérpretes de toda Galicia e tamén de Portugal polos sete postos dispoñibles na fase final que tivo lugar ese mesmo día ás 19:00 horas. Aparte da contía dos premios (500, 300 e 200 euros), a gañadora do concurso terá nun futuro a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación. Finalmente, e tras unha difícil deliberación debido ao alto nivel de tódolos finalistas, o xurado decidiu concedelo primeiro premio a frautista Ana Mª Fernández Álvarez, o segundo premio o tuba Rubén Fernández Álvarez, irmá da gañadora e ambos procedentes da canteira da nosa escola de música, e o terceiro á saxofonista viguesa Andrea González Pérez.

Na xornada do sábado, destinada a alumnado da propia escola de música ou compoñentes da Agrupación Musical do Rosal os gañadores foron na categoría A, Xiana Aldea González e na categoría B, Laura Riveiro Amorín (ambas saxofonistas), onde tamén obtivo unha mención especial David Pereira Pérez (clarinete).

O concurso, do que este ano se celebrou a súa cuarta edición, fai homenaxe a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño, que este ano cumpre 32 anos. Para conmemorar este aniversario a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, bauxa a batuta do seu director José Javier Bascoy, ofrecerá este vindeiro sábado día 2 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Rosal, un concerto no que interpretarán un programa variado que de seguro gustará o público asistente, con obras de compositores como Luis Serrano, Rossano Galante, Thomas Doss, José Alberto Pina e Arturo Márquez. A apertura de portas do auditorio realizarase 45 minutos antes da hora de comezo do mesmo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones