Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A gran gala provincial do turismo regresa con Tanxugueiras, un -brutal- espectáculo audiovisual e coa ruta do viño como nova embaixadora Rías Baixas

Carmela Silva: -A Gala da Deputación é a cita máis importante do turismo en Galicia e unha das máis potentes do Estado, é a gran festa dun sector comprometido coa calidade-

Carmela Silva: -A Gala da Deputación é a cita máis importante do turismo en Galicia e unha das máis potentes do Estado, é a gran festa dun sector comprometido coa calidade-

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Marzo de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A actriz Jazmín Abuín presentará o evento, que terá lugar o 17 de marzo no Auditorio Mar de Vigo e contará cun “show” especial en altura de “Pablo Méndez Performance”

A Gala Provincial do Turismo, que organiza a Deputación de Pontevedra, regresa un ano máis por todo o alto cun gran espectáculo musical, audiovisual e sensorial que incluirá a participación estelar de Tanxugueiras e un sorprendente show en altura de Pablo Méndez Performance, ademais do nomeamento da nova embaixadora Rías Baixas. A presidenta Carmela Silva, anunciou esta mañá que o evento terá lugar o xoves 17 de marzo ás 19.30 horas no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e desvelou que a Ruta do Viño é a flamante embaixadora 2022, dando o relevo aos chefs con estrela Michelin, que foran distinguidos con este cargo honorífico en 2021. “Esta Gala é a gran festa do turismo da provincia e dun sector comprometido coa calidade. É a cita máis importante do turismo na provincia e en Galicia, e unha das máis potentes de todo o Estado”, destacou, para salientar que no evento serán homenaxeadas as máis de 300 empresas que contan co selo SICTED, cifra que convirte o destino Rías Baixas en líder estatal.

Carmela Silva subliñou que o sector ten “moito que celebrar” este ano e lembrou que a provincia recibiu en FITUR o premio ao mellor destino turístico nacional, galardón que acredita a súa excelencia. O acto, adiantou a presidenta, será conducido por Jazmín Abuín, “polifacética actriz viguesa que xa nos acompañou na presentación en FITUR, que está a percorrer os teatros de toda España e que é unha grande embaixadora da nosa provincia”.

A gran noite do turismo será “unha gala excepcional”, afirmou a presidenta antes de revelar a participación de Tanxugueiras. “Que mellor que ter ese día a Aida, Olaia e Sabela. Serán as encargadas de presumir de Rías Baixas, que é unha terra sen fronteiras. Parece que fixeron esta canción pensando na provincia de Pontevedra porque temos xente de todos os continentes que viron e quedaron aquí”, explicou Carmela Silva, en referencia á campaña turística Love Rías Baixas, que será o fío central do evento e que está protagonizada por persoas de diferentes países que decidiron vivir na provincia tras descubrila. “Tanxugueiras encherá de forza, música, calidade e orgullo de ser galegas e galegos esta gran Gala Provincial do Turismo”, subliñou a mandataria provincial.

Ademais, o programa inclúe “un espectáculo sensorial, de luz, son e acrobacias: un show brutal da man de Pablo Méndez Performance que sorprenderá moito a todo o público”, adiantou a presidenta. Ao longo do acto proxectaranse tamén varias pezas audiovisuais para amosar o patrimonio, a costa e o interior, as persoas e as empresas deste extraordinario destino turístico.

Nomeamento da nova embaixadora

Carmela Silva salientou que a elección da embaixadora Rías Baixas 2022 “é unha homenaxe a todo o sector do viño, e particularmente á nosa Ruta do Viño Rías Baixas”, que foi nomeada este ano mellor ruta do viño de España en FITUR. “A primeira embaixadora foi Emma Lustres, en 2021 foron os nosos grandes chefs, e agora queremos render homenaxe ao mundo do viño, cos nosos marabillosos viñedos, bodegas e viños que están nas cartas dos restaurantes de todo o mundo. Son un dos nosos grandes atractivos turísticos”, expuxo. A Ruta do Viño recollerá no acto o distintivo que a acredita como embaixadora do destino.

Ao longo da Gala entregaranse os diplomas SICTED ás 163 empresas da provincia que este ano obtiveron por primeira vez ou renovaron o distintivo. “Renderémoslle unha homenaxe a estas empresas que amosan a súa gran calidade. Temos un sector moi comprometido e queremos celebrar esta fortaleza da nosa provincia”, detallou a máxima responsable da Deputación.

En “streaming”

A Gala será retransmitida en streaming a través da web e as redes sociais da Deputación de Pontevedra e Carmela Silva invitou a toda a veciñanza a conectarse. O aforo no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo, lugar no que tradicionalmente se celebra o evento, redúcese a 350 persoas polas limitacións ás que obriga a pandemia. No público estarán os e as representantes das empresas, alcaldes e alcaldesas e asociacións do sector.

“A Gala está concibida como un espectáculo televisivo e terá un escenario enorme. Haberá un photocall na entrada, cunha animación sorprendente, e unha alfombra vermella, porque somos un destino de Oscar”, detallou a presidenta, para proclamar finalmente que “será un gran evento que fala de que somos o destino turístico máis potente de toda Galicia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí