Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A granxa escola musical Corazón de Carballo abre as súas portas en Tomiño

Situada no barrio de Vilar, a granxa conta con 10.000 metros cadrados, nos que se atopa por exemplo unha casería do século XVIII reformado que acollerá a área de descanso, aseos e comedores, entre outros servizos.

Situada no barrio de Vilar, a granxa conta con 10.000 metros cadrados, nos que se atopa por exemplo unha casería do século XVIII reformado que acollerá a área de descanso, aseos e comedores, entre outros servizos.

Fecha: 18 de Enero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Un lugar para educar na igualdade e no coidado polo medio ambiente, para revalorizar o rural e as tradicións, fomentar o consumo consciente, animar á autonomía persoal e a integración social ou descubrir o interese pola arte, o desenvolvemento creativo, as intelixencias múltiples e o coñecemento mediante a experimentación. Con estes obxectivos nace Corazón de Carballo, unha granxa escola musical que ven de abrir as súas portas en Tomiño.

Situada no barrio de Vilar, a granxa conta con 10.000 metros cadrados, nos que se atopa por exemplo unha casería do século XVIII reformado que acollerá a área de descanso, aseos e comedores, entre outros servizos. A granxa conta con aula de natureza, piscina, áreas de animais e horta, ademais de sala de formación ou área de xogos e actividades para todas as idades.

Charla inaugural

A granxa escola abriu as súas portas esta fin de semana coa inauguración da exposición ‘Amigo lobo. Lenda e realidade do lobo ibérico', con fotografías de gran formato e paneis informativos sobre a bioloxía, a ecoloxía e a coexistencia do lobo ibérico no mundo rural. Todo acompañado por maquetas antigas de trampas de pedra, carlancas, esculturas, pinturas, escudos nobiliarios, pegadas, cranios e outros restos biolóxicos e paleontolóxicos do Canis lupus e outros cánidos.

A mostra, dedicada á memoria de Félix Rodríguez de la Fuente no 90 aniversario do seu nacemento, acollerá diferentes charlas e obradoiros a cargo de expertos en diferentes materias relacionadas co medio ambiente e a natureza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones