Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda e O Rosal asinan o convenio da Deputación para a retirada de vehículos abandonados

O servizo, cun período de validez de dous anos prorrogables por outros dous, non suporá ningún custo para os concellos

O servizo, cun período de validez de dous anos prorrogables por outros dous, non suporá ningún custo para os concellos

Fecha: 31 de Agosto de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de asinar, un ano máis, o convenio para a retirada e tratamento de descontaminación dos vehículos abandonados ou fóra de uso ao que se adheriron 37 concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes. A institución provincial, consciente do aumento do número de vehículos que se atopan nesta situación e da contaminación ambiental e visual que xeran, mantén deste xeito o seu compromiso cos concellos e cun dos seus fins principais: o de garantir a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal, entre os que se atopan a recollida e xestión de vehículos.

Este servizo, que non terá ningún custo para os municipios, suporá que a empresa adxudicataria -Vigoto Uno S.L. - deberá retirar os vehículos nun prazo non superior a cinco días despois de que dende os Concellos se lle requira. O convenio ten un período de validez de dous anos a contar dende a súa sinatura, pero poderá ser prorrogable por outros dous no caso de que ambas as dúas partes así o acorden.

Os 37 concellos beneficiarios deste convenio son os seguintes: Agolada, Arbo, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Forcarei, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones