Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda e O Rosal entre os concellos beneficiarios das axudas pola vaga de lumes do pasado mes de outubro

Trátase dunha das liñas de axuda que se incluía na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos incendios

A Administración autonómica destinou en total 23 millóns de euros a paliar as consecuencias dos lumes de outubro: 13,2 millóns de euros mediante a orde conxunta de axudas e 9,8 millóns en actuacións directas

Fecha: 01 de Agosto de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, trasladouse hoxe a Vigo e Pontevedra para asinar os convenios de colaboración con varios concellos da provincia, polos que a Xunta financiará ata o 50% da reparación dos danos que se ocasionaron nas infraestruturas municipais durante a vaga de lumes do pasado mes de outubro.

En toda Galicia, o número de concellos beneficiados por esta iniciativa ascende a 40. No caso da provincia da Pontevedra, son 15: Cerdedo-Cotobade, A Guarda, Mondariz Balneario, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves, Ponte Caldelas, Baiona, Mos, Pazos de Borbén, Soutomaior e Vigo. Inda que os concellos de Vigo e Ponteareas non asinaron hoxe o convenio.

O importe de cada convenio foi calculado en función da información facilitada polos propios concellos, e a comprobación técnica in situ para determinar se eran ou non gastos subvencionables.

Esta era unha das liñas de axudas incluídas na orde conxunta que habilitou o Goberno galego para facer fronte aos danos producidos polos incendios, cuxo orzamento ascendeu a 13,2 millóns de euros. A este orzamento hai que sumar os 9,8 millóns de euros investidos pola Xunta en actuacións directas en distintos ámbitos: nos montes e estradas afectadas, ou nos parques naturais

Esta convocatoria conxunta do Goberno galego habilitou axudas para poder paliar os danos causados pola vaga de lumes nun amplo abano de supostos, como a de afectación a bens de titularidade municipal; pero tamén a vivendas, negocios e, por suposto, por danos persoais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí