Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda e O Rosal participarán no plan de mellora de espazos públicos da Deputación de Pontevedra

O goberno de Carmela Silva favorece así o acondicionamento funcional e estético de xardíns públicos, parques e outras áreas en concellos e parroquias

O goberno de Carmela Silva favorece así o acondicionamento funcional e estético de xardíns públicos, parques e outras áreas en concellos e parroquias

Fecha: 11 de Marzo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

Ata o momento, recibíronse unha vintena de solicitudes, que serán atendidas nunha primeira entrega en Arbo, Caldas de Reis, Campo Lameiro, A Estrada, O Grove, A Guarda, Mondariz, Moraña, As Neves, Portas, O Rosal, Silleda, Barro, A Lama, Lalín, Meaño, Pazos, Vila de Cruces, Cangas e Nigrán

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar este venres un novo plan de mellora de espazos públicos en toda a provincia. Este proxecto está dirixido ao acondicionamento funcional e estético de xardíns públicos, parques e outras contornas e áreas de lecer dos municipios pontevedreses e as súas parroquias.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou que logo de "pulsar a opinión dos concellos", se recibiron unha vintena de solicitudes que serán atendidas nesta primeira entrega do plan, que está aberto a novas solicitudes.

Ademais da mellora estética, esta iniciativa provincial busca poñer en valor o traballo que se desenvolve nos distintos servizos da Deputación, caso da Escola de Cantería ou a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, entre outros, así coma actuacións combinadas con elementos de xardinería, mobiliario urbano e pezas de cantería artística. Neste senso, esta primeira achega do goberno que preside Silva fará entrega de bancos ou papeleiras aos concellos que así o solicitaron: Arbo, Caldas de Reis, Campo Lameiro, A Estrada, O Grove, A Guarda, Mondariz, Moraña, As Neves, Portas, O Rosal, Silleda e Barro.

Pola súa banda, en A Lama levarase a cabo unha actuación coa Escola de Cantería consistente nun monumento ao emigrante solicitado por este concello. No referido ás accións vinculadas a Areeiro, Lalín solicitou a creación dun espazo de árbores nunha área de desenvolvemento; Meaño a mellora dunha zona axardinada; Pazos axuda para axardinar un entorno e Vila de Cruces a mellora dunha rotonda.

Finalmente, actuacións combinadas entre varios servizos favorecerán a instalación de bancos e mesas con plantación de arborado en Cangas e a mellora vexetal de espazos en Nigrán, onde se colocarán ademais seis bancos.

Cabe sinalar que este plan está dirixido tan só a aqueles espazos que xa existan e que requiran unha mellora, polo que non sería posible solicitar material para a creación de novos espazos, unha finalidade para a que xa existen outras liñas de axuda tales como o Plan Concellos. As obrigas dos concellos serán a recollida do material e instalación e unicamente se poderá facer unha intervención ao ano en cada concello.

Naqueles casos nos que se solicitaron actuacións para a instalación de mobiliario e vexetais, unha vez aceptada a proposta do concello procederase a iniciar o procedemento de doazón dos elementos. Pola súa banda, naqueles municipios nos que se solicitou só entrega de mobiliario, trasladaráselle un formulario que deberán cumprimentar e remitir para iniciar o procedemento administrativo e a doazón das pezas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones