Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA, O ROSAL E OIA RECIBIRÁN SUBVENCIÓNS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Se van beneficiar os municipios de Cuntis (8.000 ?), A Estrada (23.437,26 ?), O Grove (6.000 ?), A Guarda (8.450 ?), Oia (3.970 ?), Ponte Caldelas (18.613,45 ?), O Rosal (19.288,52 ?), Vilagarcía de Arousa (22.681 ?) e Vilanova de Arousa (21.790 ?) por

Se van beneficiar os municipios de Cuntis (8.000 ?), A Estrada (23.437,26 ?), O Grove (6.000 ?), A Guarda (8.450 ?), Oia (3.970 ?), Ponte Caldelas (18.613,45 ?), O Rosal (19.288,52 ?), Vilagarcía de Arousa (22.681 ?) e Vilanova de Arousa (21.790 ?) por

Fecha: 11 de Abril de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova relación de subvencións por valor de 375.800,41 € para gasto corrente e actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais incluídas nas liñas 2 e 3 do Plan Concellos 2016. O Plan Concellos, o novo modelo da institución provincial que converte ós municipios en protagonistas, está a poñer a disposición de 60 concellos da provincia 40 millóns de euros distribuídos en catro liñas de axuda: investimentos, necesidades de gasto corrente, actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e axudas para financiar o emprego. Da totalidade do plan, a Deputación de Pontevedra repartiu xa 12 millóns de €, é dicir, máis do 30% en tres meses e unha semana de 2016.

En concreto, a Xunta de Goberno da institución provincial aprobou a sexta relación de subvencións da liña 2 do Plan Concellos, por valor de 243.570,18 € destinada ós concellos da Guarda (106.945,39 €), Portas (54.971,46 €), Vilaboa (66.153,33 €)e Vilagarcía de Arousa (15.500 €) para poder afrontar o pagamento de gasto corrente, acredores de investimentos e amortización.

Con esta concesión, a Deputación de Pontevedra outorgou xa 2.057.875,29 € da liña 2 do Plan Concellos 2016 ós municipios da provincia, o que supón preto de 35% do total (5.967.389,99 €) destinado ó pagamento de gasto corrente, acredores de investimentos e amortización

Tamén a Xunta de Goberno da Deputación aprobou unha nova relación de subvencións, a sétima da liña 3 do Plan Concellos, da que se van beneficiar os municipios de Cuntis (8.000 €), A Estrada (23.437,26 €), O Grove (6.000 €), A Guarda (8.450 €), Oia (3.970 €), Ponte Caldelas (18.613,45 €), O Rosal (19.288,52 €), Vilagarcía de Arousa (22.681 €) e Vilanova de Arousa (21.790 €) por valor de 132.230,23 € con destino a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais. En concreto, a través desta actuación os concellos poderán levar a cabo, entre outras cuestións, feiras históricas, dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero, premios de novelas, festas, feiras do libro, andainas, torneos deportivos, intercambios culturais, actividades infantís, ludotecas, actividades para o verán, teatro así como impulsar conservatorios de música.

Coa aprobación da sétima relación de axudas da liña 3 do Plan Concellos, a institución provincial adxudicou xa 1.017.951,7 € desta liña, o que supón máis do 70% do total (1.491.847,7 €) destinado a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais.

Amais, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do subministro de 32 desfibriladores para instalar en municipios da provincia de Pontevedra, así como a formación do persoal para o seu emprego. A través desta actuación, a institución provincial pretende dotar ós espazos públicos desta ferramenta imprescindible para aplicar no caso de paradas cardiorrespiratorias, taquicardias ou fibrilacións ventriculares, a causa máis frecuente de morte súbita. A contratación dos desfibriladores inclúe, amais, a formación do persoal dos espazos públicos para o seu correcto emprego.

Este subministro responde á subvención que se aprobou en novembro de 2015, por valor de 200.000 €, destinada a concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes para, entre outras cuestións, a dotación de desfibriladores. En concreto, a achega estaba destinada, preferentemente, ós concellos que teñen nas súas instalacións públicas menos de tres desfibriladores, tendo prioridade os que non recibisen ningún en anteriores convocatorias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones