Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda, O Rosal e Tui benefícianse das axudas de cultura para a adquisición de novidades editoriais en galego

Esta liña de axudas, dotada con 200.000 euros, compleméntase coas subvencións para a mellora dos fondos das bibliotecas, na que a Secretaría Xeral de Cultura investiu este ano 350.000 euros

Esta liña de axudas, dotada con 200.000 euros, compleméntase coas subvencións para a mellora dos fondos das bibliotecas, na que a Secretaría Xeral de Cultura investiu este ano 350.000 euros. Foto: Biblioteca deTui

Fecha: 11 de Abril de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

Un total de 152 municipios son os beneficiarios da liña de subvencións de 2017 da Secretaría Xeral de Cultura para a dotación de novidades editoriais en galego con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O importe das axudas para cada un dos concellos beneficiarios, que se pode consultar na resolución da convocatoria, publicada hoxe no ‘Diario Oficial de Galicia' (DOG), en http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170410/AnuncioG0164-310317-0003_gl.html , vai desde os 440 ata os 3.076 euros, en función do número de habitantes do municipio.

Para o desenvolvemento deste programa, a Consellería de Cultura e Educación ten habilitada unha plataforma en liña a través da cal o servizo bibliotecario municipal pode xestionar directamente a súa compra de libros, de acordo coa contía económica asignada, de entre aqueles títulos que ofrecen as empresas editoriais que participan no programa e que están accesibles en https://novidadeseditoriais.xunta.gal

Actualizar as coleccións das bibliotecas e axencias de lectura públicas, fomentar a lectura en lingua galega e reforzar os servizos bibliotecarios son os principais obxectivos desta liña de axudas para a adquisición de novidades editoriais con destino á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta convocatoria compleméntase coas subvencións da Secretaría Xeral de Cultura dirixidas á mellora dos fondos bibliográficos das bibliotecas e axencias de lectura municipais para a compra de libros, de material sonoro, de videogravacións, de recursos electrónicos etc, na que se investiron este ano 350.000 euros e da que se beneficiaron 113 concellos.

Municipios beneficiarios
A relación de concellos beneficiarios das axudas para a adquisición de novidades editoriais de 2017 inclúe os municipios de Abegondo, Alfoz, Ames, Antas de Ulla, Aranga, Arteixo, Avión, Bande, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Bóveda, Brión, Bueu, Burela, Cabana de Bergantiños, Caldas de Reis, Camariñas, Cambados, Cambre, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Carballo, Cariño, Carnota, Carral, Castrelo de Miño, Cedeira, Cee, Cervo, Chantada, Coirós, Corcubión, A Coruña, Covelo, Crecente, Culleredo, Cuntis, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, Foz, A Guarda, O Grove, A Illa de Arousa, Irixoa, Lalín, A Lama, A Laracha, Laxe, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Marín, Meaño, Meis, Melide, Mesía, Miño, Moaña, Moeche, Mondariz, Mondariz-Balneario, Monforte de Lemos, Monterrei, Monterroso, Mos, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Nigrán, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Ourense, Ourol, Outes, Padrón, Paradela, Pazos de Borbén, O Pereiro de Aguiar, A Pobra de Brollón, A Pobra do Caramiñal, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Ponteceso, Pontecesures, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, O Porriño, Porto do Son, Quiroga, Rairiz de Veiga, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribeira, Rois, O Rosal, A Rúa, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, San Cibrao das Viñas, San Sadurniño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, O Saviñao, Sober, Soutomaior, Taboada, Teo, Tordoia, Touro, Trabada, Trazo, Tui, Val do Dubra, O Valadouro, Valdoviño, Valga, Vedra, Viana do Bolo, O Vicedo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vilanova de Arousa, Vilar de Santos, Vilasantar, Vimianzo, Viveiro, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Espadanedo e Zas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones