Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda, Oia e Tomiño solicitaron axudas para normalización e dinamización lingüística

O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando a aprobación das súas solicitudes

O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando a aprobación das súas solicitudes

Fecha: 19 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando aos 34 concellos e á Entidade Local Menor de Bembrive a aprobación das súas solicitudes ao abeiro da liña de axudas para dinamización lingüística. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi creada nesta lexislatura e que na convocatoria deste exercicio incrementou a dotación orzamentaria ata os 300.000 euros. Estas axudas promoven que os concellos da provincia poidan contar con apoio ou ben para a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben para o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua.

Con respecto ás solicitudes aprobadas cabe salientar que se percibe un incremento de concellos que apostan pola opción de creación e mantemento do servizo municipal de normalización. Así, aos concellos que xa na anterior convocatoria se acolleran a esta modalidade - Nigrán, Vilagarcía de Arousa, O Grove, A Cañiza e Gondomar-, este ano súmanse Gondomar, Ponteareas e Redondela.

En canto á modalidade de promoción de programas de dinamización da lingua galega, esta liña esixe que as entidades solicitantes desenvolvan accións transversais en ao menos tres eidos dun total de oito: ensino, comercio, tecnoloxías da información, turismo, premios e distincións, urbanismo e medio natural, e benestar social. Así, aprobáronse programas que inclúen actividades de narración oral, edicións de libros, obradoiros sobre dobraxe ou sobre regueifas, teatro en galego, campañas da man do comercio local, e iniciativas de reparación e recuperación da toponimia.

Distribución por comarcas
Na comarca de Vigo foron aprobadas axudas por un importe total de 74.114,74 euros, que corresponden a un total de 8 solicitudes. O concellos de Nigrán, Gondomar e Redondela solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística, mentres que os concellos de Baiona, Pazos de Borbén, Soutomaior, Fornelos de Montes e a Entidade Menor de Bembrive solicitaron para promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega. Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 44.870,75 euros, para un total de 4 solicitudes. Os concellos de Vilagarcía de Arousa e O Grove solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística; e os concellos de Cambados e Ribadumia solicitaron para programas de dinamización.

Na comarca do Condado-Paradanta as axudas suman o total de 48.055,12 euros. Os concellos de Ponteareas e A Cañiza solicitaron para servizo de normalización lingüística, mentres que os concellos de Mondariz, Covelo e As Neves presentaron programas de dinamización da lingua galega. Na comarca de Deza-Tabeirós o importe concedido ascende a 19.023,98 euros para tres solicitudes para promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega que corresponden a Silleda, Lalín e A Estrada. Na comarca do Morrazo as axudas suman 23.ooo euros e presentaron solicitudes 2 concellos. O concello de Moaña presentou para o mantemento do servizo de normalización lingüística e Cangas para programas de dinamización da lingua.

Na comarca de Caldas o importe total das solicitudes concedidas suma 24.823,15 euros. As solicitudes, todas para programas de dinamización, corresponden aos concellos de Catoira, Cuntis, Moraña e Valga. Na comarca de Pontevedra o total das axudas ascende a 35.435,77 euros. Foron un total de 6 solicitudes, para desenvolvemento de programas de dinamización, e corresponden aos concellos de Barro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, e Vilaboa. Na comarca do Baixo Miño as axudas suman 15.572,1 euros. Presentaron solicitudes os concellos de A Guarda, Oia e Tomiño. Os tres para promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones