Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda presente na -Ruta dos Fenicios-

Ibiza acolle a constitución da asociación española -La ruta de los fenicios- onde o único representante galego e a Deputación provincial

Ibiza acolle a constitución da asociación española -La ruta de los fenicios- onde o único representante galego e a Deputación provincial

Fecha: 01 de Diciembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vai a liderar "A ruta dos fenicios" na fachada atlántica do noso país tal e como nos foi solicitado pola nova asociación española "La ruta de los fenicios" que se constituíu hoxe formalmente nun encontro na localidade de Ibiza, na que participaron distintas administracións públicas e entidades culturais, entre outras entidades.

En concreto, a Deputación de Pontevedra vai a ser a encargada de promocionar e consolidar a ruta denominada das "Kasitéridas", camiño desenvolvido polos fenicios para abastecerse de estaño na antigüidade e que, podería non estar localizado nas illas británicas como creíase ate de agora, senón nas costas galegas.

Precisamente a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que a institución se integra neste Itinerario Cultural ao través dos restos fenicios e púnicos documentados en xacementos precisamente como Monte do Castro en Ribadumia, A Lanzada en Sanxenxo, Monte do Facho en Cangas, e Punta do Muíño do Vento, en Vigo, onde se localizaron importantes restos da presenza dos Fenicios nas nosas costas.

A Presidenta indicou que o Arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, que é o Director do Protocolo do Castros, "presentará todo o traballo que estamos a facer desde a Deputación nos xacementos onde se documentaron pezas arqueolóxicas de procedencia mediterránea ou elementos claramente vinculados co mundo púnico. Falará dos achados que están no Centro de Interpretación da Guarda e no Laboratorio de Liñares, con referencias as nosas liñas de traballo e todas aquelas actividades de divulgación"

A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa. Este itinerario, que pasa por 18 países e por máis de 80 cidades, e que se centra no legado de fenicios e púnicos de tres continentes, é considerado como o Itinerario da Interculturalidad mediterránea. A proposta xorde do goberno italiano en 1994. Dez anos máis tarde, constituíuse a asociación "A Ruta dos Fenicios". Aínda que en España non funcionaba como entidade propia senón dun xeito individual, sobre todo, no levante e Andalucía.

A Ruta dos Fenicios é a conexión das grandes rutas marítimas utilizadas polos fenicios desde o século XII aC., como o principal medio de comunicación comercial e cultural no Mediterráneo. A través destas rutas, os fenicios, navegantes e expertos comerciantes, deron orixe a unha gran civilización que se asentou a través da súa expansión en Occidente, para o desenvolvemento de intercambios de produtos manufacturados, de persoas e ideas, e para a creación dunha ' koiné' (comunidad) cultual mediterránea e difusión da mesma.

Con respecto ás Kasitéridas a hipótese máis aceptada, é que as famosas Illas do Estaño ó Kasitérides correspóndense co arquipélago de Scilly no Reino Unido. De ser así, podería afirmarse que o navegante cartaxinés Himilcón alcanzou as costas de Britania desde Gadir (Cádiz). Con todo, non é esta a única posibilidade que se barallou ao longo da historia.

José Cornide, no século XVIII, facendo referencias a escritos de Estrabón subliña no seu escrito máis crítico que "As Kasitéridas, ou Illas do Estaño, restituídas aos mares de Galicia", na que defende que as citadas illas pertenceron a España e estaban situadas ou ben enfronte das costas galegas (e acharíanse cubertas polo mar na actualidade) ó ben serían as mesmas rías e as illas próximas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones