Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda, Tomiño e Tui acometerán melloras enmarcadas na liña 1 do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra

Tomiño recibirá 96.207,02 ?, Tui beneficiarase de 67.412,37 ? e á Guarda 160.216,68 ?

Tomiño recibirá 96.207,02 ?, Tui beneficiarase de 67.412,37 ? e á Guarda 160.216,68 ?

Fecha: 26 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a aprobación, na vindeira Xunta de Goberno da institución provincial, de novas achegas, por valor de 669.298,62 € ao abeiro da liña 1 do "Plan Concellos 2017". En concreto, os concellos que se benefician destas axudas son Agolada, Cerdedo-Cotobade, a Guarda, Moraña, Tomiño e Tui que investirán na urbanización e mellora de camiños e rúas e na rede de saneamento.

Carmela Silva amosou a súa satisfacción porque "con esta relación levamos xa aprobadas achegas para investimentos nos concellos da provincia por valor de máis de 13,3 millóns euros, é dicir, o 51,62% da liña 1 que este ano ascende a 25.750.000 €". Tamén engadiu Silva a importancia destas achegas "que está a permitir, unha vez más, que os concellos poidan facer fronte ás súas competencias e impulsar novos investimentos e novos proxectos en beneficio das veciñas e veciños da provincia de Pontevedra".

Máis polo miúdo, Agolada recibirá 166.563,78 € para a mellora de camiños de titularidade municipal con firme de asfalto. Ata o momento, este concello dezano ten adxudicado o 77,03% do orzamento que lle corresponde ao "Plan Concellos 2017".

Pola súa banda, Cerdedo-Cotobade beneficiarase de 110.010,38 € para o saneamento, asfaltado, acondicionamento e pavimentación de camiños en Famelga, Pazos de Borela, Valongo e Vilanova. Con esta achega, Cerdedo-Cotobade ten o 87,29% do "Plan Concellos" adxudicado.

O goberno da Deputación de Pontevedra tamén aprobou destinar 160.216,68 e á Guarda para a urbanización da Rúa subida a San Amaro entre os números 1 e 12. Ata o momento, este concello ten adxudicado o 65,16% do orzamento que lle corresponde do "Plan Concellos 2017".

No caso de Moraña, as achegas ascenden a 68.888,39 € que lle permitirán ao concello pavimentar viais e realizar acometidas de saneamento no lugar de Cosoirado. Con esta axuda, Moraña ten xa o 100% do Plan Concellos deste ano aprobado.

Tomiño recibirá 96.207,02 €, ao abeiro da liña 1 do plan, para acondicionar a estrada de Cristelos, no cruce de San Miguel e conexión co cemiterio de Barrantes. Ata o momento, este concello ten adxudicado o 62,94% do orzamento que lle corresponde do "Plan Concellos 2017".

Pola súa banda, Tui beneficiarase de 67.412,37 € para a ordenación de rotondas e entornos no concello. Con esta axuda, Tui ten xa o 59,92% das achegas correspondentes ao Plan Concellos deste ano aprobadas.

O "Plan Concellos 2017" ten asignado para este ano unha dotación de 41,2 millóns de euros, unha partida un 3% maior que a aprobada no ano anterior. Entre as súas tres liñas estratéxicas e dende xaneiro leva aprobados xa máis de 32 millóns de euros para os concellos da provincia, é dicir, o 77,68% do plan.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones