Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

Alcaldesas e alcaldes solicitaron unha visita oficial do presidente da Xunta de Galicia e do Delegado do Goberno

Alcaldesas e alcaldes solicitaron unha visita oficial do presidente da Xunta de Galicia e do Delegado do Goberno

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Enero de 2023

Fuente: MIBM

Alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo. Tras o elevado balance de estragos producidos, a Mancomunidade do Baixo Miño solicitará a todas as administracións unha partida orzamentaria especial dada a excepcionalidade dos danos na comarca, onde caeron case 126 litros por metro cadrado, un récord absoluto dende que se teñen rexistros históricos da estación meteorolóxica de Areas, en Tui.

Así, no concello da Guarda as chuvias deixaron derrubes no Monte Santa Trega e na zona do Muíño, así como inundacións e danos especialmente graves na zona do Codesal, onde se precisará unha reparación urxente polo perigo que pode supoñer para a veciñanza. En canto ao Rosal, as zonas máis afectadas foron a pesqueira do río Carballa e a Senda do Miño, aínda que tamén se produciron importantes estragos en numerosos muros e estradas.

Pola súa banda, a imprevisible cantidade de chuvia fixo que en Tomiño se fundiran muros e camiños, que se moveran do sitio os peiraos do Miño, causando un grave perigo para a navegación, e que parte da fortaleza de San Lourenzo de Goián se vira afectada. Mentres, en Tui viuse afectado o paseo fluvial, así como algúns muros do ámbito do Camiño de Santiago e parte da zona histórica.

Os catro rexedores e rexedoras solicitaron xa a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do Delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, para que comproben in situ o elevado número de estragos provocados en diferentes puntos dos catro municipios da comarca.

As alcaldesas e alcaldes da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui estudarán ademais co Delegado do Goberno a posibilidade de solicitar a declaración de zona catastrófica dado os numerosos estragos acumulados. Por outro lado, a Mancomunidade pedirá información sobre a apertura dos encoros no Miño ante a posibilidade de que puideran ter agravado aínda máis os danos provocados polas fortes chuvias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí