Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Memoria Viva e a música son as protagonistas da semana no Rosal

Este martes 23 de agosto a igrexa de Santa Mariña acolle o concerto de solistas AMDOR e a proxección do documental sobre Isaac Penela

Este martes 23 de agosto a igrexa de Santa Mariña acolle o concerto de solistas AMDOR e a proxección do documental sobre Isaac Penela

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Agosto de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Comeza unha nova semana cargada de propostas culturais no Concello rosaleiro. Este martes pola tarde o Rosal Cámara Fest chega ao seu fin. A cita é na igrexa de Santa Mariña, en pleno centro do Rosal. O público asistente poderá apreciar a calidade dos solitas da Agrupación Musical do Rosal no concerto que ofrecerán a partires das 20.30 horas e que servirá para clausurar a terceira edición dun festival xa consolidado na contorna.

Ás 21.30h, os veciños e veciñas que se acheguen á esta igrexa situada na praza do Calvario, poderán visionar o documental sobre Isaac Penela, unha peza que pertence á segunda edición de Memoria Viva, iniciativa que ten o obxectivo de atesourar as lembranzas que contan a historia do Rosal e que aínda non aparecen nos libros pero si permanecen nos recordos das persoas maiores.

Esta obra audiovisual ofrece a visión de Isaac Penela, ‘o crego inquedo’, un home de 90 anos que ademais dun home de fe, foi unha persoa moi implicada socialmente que sempre buscou o benestar da veciñanza. Promotor e dinamizador do cooperativismo agrario na vila, loitador durante o conflito da auga entre 1974 e 1977 que case deixa sen este ben tan importante á vila, Isaac Penela é, segundo a alcaldesa Ánxela Fernández Callís, “un claro exemplo dese patrimonio inmaterial vivo que temos a necesidade de recuperar pouco a pouco para que as xeracións futuras poidan coñecer a nosa historia”.

A rexedora rosaleira convida á veciñanza a participar nas propostas culturais da semana que continúan o mércores 24, cunha nova cita musical: a partir das 21.00h, no Ecoparque O Campo Novo cos veciños de Viso, dos Eidos e Martín, terá lugar a actuación de Caamaño & Ameixeiras. Un dúo formado por Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño ligado á música e ao baile de raíz. Xuntas reivindican o papel da muller como artista e creadora nun espectáculo que paga a pena.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí