Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Mesa contra a Violencia de Xénero de Tomiño proporá a elaboración dun Protocolo de actuación

Reúnese este venres 23 de febreiro para tratar de poñer en común demandas e necesidades de todos os sectores implicados

Reúnese este venres 23 de febreiro para tratar de poñer en común demandas e necesidades de todos os sectores implicados

Fecha: 21 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero de Tomiño reúnese por primeira vez tras a súa constitución este venres 23 de febreiro cun obxectivo claro: propoñer a elaboración dun ‘Protocolo de coordinación contra a violencia de xénero do concello de Tomiño', segundo o documento remitido pola Oficina de Igualdade tomiñesa a todos os integrantes desta mesa. Esta proposta xustifica a necesidade da creación dun protocolo de actuación conxunto neste ámbito e establece as distintas pautas a seguir para a súa elaboración coas achegas de todos os sectores implicados.

Dende a Oficina de Igualdade e do propio concello de Tomiño contemplan este protocolo como "unha ferramenta para mellorar o traballo da Mesa na detección, prevención e tratamento ás mulleres en situación de violencia de xénero, ás súas fillas e fillos e e persoas dependentes que teñen a cargo". Este documento servirá para elaborar itinerarios de actuación e establecer as derivacións que resulten necesarias entre os distintos departamentos e organismos implicados, municipais e supramunicipais, coa finalidade de poder ofrecer unha atención integral.

Esta reunión servirá tamén para facer unha posta en común das necesidades e demandas que cada un dos sectores implicados detecte no desenvolvemento do seu traballo na área da violencia de xénero, así como sobre a situación actual, para mellorar a atención ás mulleres en situación de violencia e ao seu ámbito familiar. As ideas que xurdan desta reunión servirán para sentar as bases dese protocolo de actuación conxunto.

Unha vez aprobada a súa elaboración, a Oficina de Igualdade de Tomiño será a encargada de redactar o protocolo incluíndo as achegas de todos os departamentos, que deberá ser aprobado de forma definitiva noutra Mesa contra a Violencia de Xénero.

A Mesa reunirase este venres ás 12.00 horas no salón de plenos do Concello e contará coa presenza expertos do ámbito educativo, sanitario e xurídico, así como representantes dos Servizos Sociais, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da área de Violencia de Xénero da Subdelegación de Goberno, Deputación de Pontevedra e Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones