Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A mesa do Camiño aproba o seu regulamento

O goberno de Carmela Silva financiou no 2016 accións de mellora nas rutas xacobeas da provincia de Pontevedra con máis dun millón de euros

O goberno de Carmela Silva financiou no 2016 accións de mellora nas rutas xacobeas da provincia de Pontevedra con máis dun millón de euros

Fecha: 05 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Mesa do Camiño da provincia de Pontevedra, integrada por Deputación, Xunta de Galicia e concellos polos que discorren as rutas xacobeas, aprobou hoxe o novo regulamento e avanza no seu obxectivo de ser o órgano operativo de coordinación e colaboración dos axentes institucionais e sociais con competencias e accións nos Camiños a Compostela. Co novo regulamento, ademáis do Camiño Portugués e a Vía da Prata, incorpóranse o Camiño Portugués pola Costa e o Camiño do Inverno de xeito que na Mesa xa están integradas todas as rutas recoñecidas na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

Na reunión da Mesa, que preside a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a que asistiron a Directora Xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, así como os alcaldes e representantes municipais, se fixou o Ano Xacobeo 2021 como prazo límite para a mellora definitiva das rutas en materia de accesibilidade, seguridade e promoción. De feito a Directora Xeral de Turismo presentou o informe das medidas levadas a cabo nos diferentes Camiños que percorren a provincia. Tamén decidiuse que a Deputación de Pontevedra sexa a receptora das demandas dos concellos e interlocutora coa Xunta como administración competente.

A presidenta Carmela Silva expresou a súa satisfacción "polos pasos decisivos dados na reunión da Mesa" e presentou o informe provincial que reflexa que o pasado ano 2016 a Deputación de Pontevedra financiou accións de mellora nas rutas xacobeas por máis dun millón de euros. "Fixoo a través do Plan Concellos, das axudas do Ano do Patrimonio e das campañas de promoción". Silva agradeceu expresamente aos concellos que solicitasen estes investimentos e recoñeceu a súa aposta por mellorar o entorno polo que pasa o Camiño así como os servizos necesarios para que os/as peregrinos/as teñan unha boa impresión das localidades e que as rutas sexan máis seguras e accesibles. Entre outras axudas en Mos investíuse (118.846,41 euros) na propia estrada pola que transcurre o Camiño Portugués coa construcción dun talud, en Meis habilitouse un local para albergue de Peregrinos ou en Lalín fixéronse investimentos para mellorar a atención e información aos turistas, visitantes e peregrinos.

Ao financiamento do Plan Concellos hai que sumar as subvencións concedidas ao abeiro do Ano do Patrimonio onde os concellos tiveron a posibilidade de mellorar o patrimonio material existente na traza do Camiño, como por exemplo Caldas de Reis, onde se rehabilitou a emblemática Fonte da Burga na que miles de peregrinos/as fan cumplen co ritual de degustar as augas mineromedicinais, tamén o cruceiro policromado de Os Cabaleiros en Mos ou o palco da música e o cruceiro de San Bartolomé en Tui.

En materia de promoción Silva lembrou que precisamente os Camiños a Santiago son un dos eixos máis importantes na extratexia de Turismo Rías Baixas neste ano 2017, a campaña "Cruzando Camiños", que xa foi presentada en Vigo, Pontevedra e Madrid e que se presentará en Portugal, Lisboa e Porto, ademáis de Andalucía e a través da colaboración coas Casas de Galicia no exterior. A presidenta provincial tamén destacou o apoio á promoción das rutas xacobeas coa colaboración da Deputación co sector audiovisual como foi o patrocinio da serie televisiva "O Final do Camiño" ou do documental "Camiño de Irmandade".

Finalmente, Carmela Silva puxeo en valor accións como a segunda edición do programa "Degusta Europa que nesta edición 2017 se celebra nas plazas de Abastos de localidades polas que pasa o Camiño, contribuíndo a dinamización destes concellos

Ademais da campaña de promoción, desde o servizo do Turismo tamén estase a traballar na mellora da calidade dos profesionais e establecementos que prestan servizos no Camiño e no seu entorno inmediato mediante a formación para a obtención do distintivo SICTED. Comentar ao respecto que obtiveron este distintivo 167 establecementos comerciais e hostaleiros situados nos concellos polos que pasa o Camiño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones