Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A mocidade europea, conectada a través da campaña -Time To Move-

A OMIX de Tomiño realiza un vídeo no que a xuventude conta as súas experiencias nos programas de mobilidade europea

A OMIX de Tomiño realiza un vídeo no que a xuventude conta as súas experiencias nos programas de mobilidade europea

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, coma membro da rede EURODESK e no marco da campaña europea "TIME TO MOVE", está a traballar este mes de outubro nunha serie de actividades presenciais e en liña conectando a xente de toda a xeografía europea. Estas actividades están organizadas por persoas expertas pertencentes á rede EURODESK que brindan orientación sobre distintas actividades internacionais como voluntariado  presencial ou virtual, prácticas no extranxeiro, intercambios xuvenís, etc.

 

Como froito da súa participación na campaña, a OMIX realizou un vídeo con mocidade que, nalgún momento, estivo en contacto coa oficina por mor da participación nalgún dos programas europeos de mobilidade, onde contan a súas experiencias no proxecto. Nel participan rapaces e rapazas daquí, doutras partes do Estado como Ceuta ou Gran Canaria e tamén de países como Portugal, Estonia, Rumanía ou Alemaña. O vídeo pode verse en Youtube a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=pcFJQs4vf4s

 

Ademais, a OMIX puxo en marcha un concurso na rede social Instagram no que calquera mozo ou moza pode compartir unha foto de si mesmo/a nalgún lugar de Europa cos hashtags #MocidadeTomiñesaPorEuropa, #ttm e #EuEnEuropa etiquetando a @omixtomino e enviándolles por mensaxe directa unha captura de pantalla. Entre todas as persoas que envíen unha foto sortearase un lote de regalos entre os que figuran un exemplar do libro Claro de Lúa, adicado pola súa autora, Puri Ameixede, profesora do IES de Tomiño.

 

As actividades levaranse a cabo durante todo o mes de outubro, polo que en moitas delas aínda está aberto o prazo de inscrición a través da seguinte ligazón: https://timetomove.eurodesk.eu/es/#about

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí