Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A música do cuarteto galego Helen & Shanna subtituirá a Babieca este sábado na Praza do Seixo de Tomiño

A actuación deste grupo enmárcase dentro do ciclo O Son das Prazas, que xa contou coa presenza doutros artistas como Xabier Díaz ou Amorodo

A actuación deste grupo enmárcase dentro do ciclo O Son das Prazas, que xa contou coa presenza doutros artistas como Xabier Díaz ou Amorodo

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O grupo galego Helen & Shanna será o encargo de substituir este sábado a Babieca na Praza do Seixo de Tomiño. Por motivos de saúde, a banda tudense non poderá ofrecer o concerto programado dentro do ciclo O Son das Prazas. Serán os ritmos dos galegos Óscar Roal, Alberto Brandon, Alex Penido e Carlos Souto os que este sábado encherán de música esta praza do concello de Tomiño.

Helen & Shanna foi creado no 013 como dúo, tendo na actualidade catro músicos, algúns deles, da comarca do Baixo Miño: Óscar Roal, voz e guitarra; Alberto Brandon, batería; Alex Penido, baixo, teclado e coros e Carlos Souto, percusión e coros.

É un cuarteto capaz de fusionar culturas a través dos sons e no seu novo single “Carmo 22” afondan no folk e na psicodelia. Melancolía e esperanza danse a man neste grupo nunha canción sosegada que crece a cada escoita. “A través dunha letra poética e unha música atmosférica, Carmo 22 fala sobre unha viaxe reveladora, a amizade e o amor. Unha procura contínua cargada de matices musicais e líricos”, explican os compoñentes.

Verán cheo de música

Ademais deste concerto, o ciclo “O Son das Prazas” traerá o domingo 24 de xullo á Praza do Seixo, a actuación da Banda Filarmónica de Santa María de Boiro. Esta formación, nada en 1858 á sombra do vello convento cisterciense, retomou a súa actividade en 1999 participando dende entón en diferentes concursos, festivais, concertos e gravacións, alén de formar a novos valores locais na súa Escola de Música. O concerto está programado para as 12.00h, e é tamén para todos os públicos e gratuíto.

Tamén o venres a Praza do Seixo acollerá ás 22.00h o XXVII Encontro dos Pobos, un festival internacional celebrado polo grupo de Baile e Gaitas “Do Lusco ó Fusco”, no que participarán o grupo de baile Virxe do Alivio e o Folklórny Subor Drevár de Eslovaquia. Este último conta cun total de 30 compoñentes de entre 14 e 35 anos, cuxo éxito é froito da dedicación, tanto de bailaríns, coma do director Jozef Murín. Todos os públicos poderán asistir ao encontro de xeito gratuíto.

Vídeo mapping sobre a fachada do Concello

Finalmente, o sábado 23, terá lugar o obradoiro de vídeo mapping no salón de plenos do Concello. O artista visual Miguel Martínez Caraballo impartirá o taller, que consistirá no uso de proxeccións de vídeo e luz sobre unha superficie calquera, convertendo obxectos comúns en escenarios dinámicos tridimensionais, con efectos visuais atractivos. Entre as actividades do obradoiro atópanse o mapearado da fachada do Concello, o modelado cun programa de deseño 3D e a xeración de imaxes cun software de vídeo mapping para que os obxectos cobren vida. Todas as persoas maiores de 12 anos poderán asistir ao taller, que terá lugar entre as 11.30 e as 13.30h e entre as 19.00 e as 21.00h. As proxeccións do vídeo mapping comezarán ás 22.30h. Prezo 20€.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí