Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A nova escola infantil de Goián abriu as súas portas con todas as súas prazas cubertas

O presidente do consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar visitou o centro acompañado da alcaldesa de Tomiño e outras autoridades

O presidente do consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar visitou o centro acompañado da alcaldesa de Tomiño e outras autoridades

Fecha: 16 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou acompañado da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, as instalacións da nova Escola Infantil de Goián, que abriu as súas portas hoxe cunha xornada de portas abertas para as familias.

Na visita estiveron tamén a xerente adxunta de escolas infantís do Consorcio, Carmen García Cantelo, a coordinadora da zona Pontevedra Sur, Herminia Piñón, os concelleiros de Servizos Sociais e Medio Rural de Tomiño, Cristina Martínez e Lois Vázquez, respectivamente, e o director da nova escola, José Torres.


Cunha poboación de 13.877 habitantes, 434 dos cales, teñen entre 0 a 3 anos (3,10%), o Concello de Tomiño afronta a contrución dunha nova escola infantil, situada en Goián, a segunda parroquia máis poboada da localidade (2100 hab.), despois de Santa María de Tomiño (casco urbano do Seixo e barrios), que suma na actualidade 3851 habitantes.

Ao novo centro educativo, poderán asistir 61 nenos e nenas de 0 a 3 anos, que virán a sumarse aos máis de 40 que asisten na actualidade á Escola Infantil do Seixo.

Teñen un orzamento de 610.000 euros, achegando o Concello o 40% da suma, ademais de ceder os terreos e a antiga casa médica de Goián,

A nova construción terá unha superficie útil de 466 metros cadrados, con catro aulas, sala de usos múltiples, cociña, parque infantil, patio e horta.
O proxecto contempla a utilización da antiga casa do médico, construída en pedra, como edificio administrativo, con despachos para o profesorado. Formando un círculo, construiranse catro aulas dotadas de moita luminosidade. Disporá dunha aula de usos múltiples que servirá tamén de comedor, e contará cun office-cociña para recibir e procesar as comidas de catering. No centro estará situado o patio con zona de xogos. Se manterán as palmeiras e outras plantas existentes, asociadas á paisaxe desta céntrica zona de Goián.

O Concello puxo a disposición do Consorcio a parcela da antiga casa médica de Goián, cunha superficie de 1.830 m2 e un edificio en planta baixa de 140 m2 e 78 m2 de planta alta con aproveitamento baixo cuberta de 62 m2, de titularidade municipal, libre de cargas e gravames, urbanisticamente idónea para o uso pretendido e as pertinentes licenzas municipais de obras.

A parcela foi entregada polo Concello, con todos os servizos necesarios a pé da mesma (acometidas de luz, auga, teléfono, gas), así como calquera outro de análoga natureza que sexa imprescindible para a construción do edificio (servizos de obra).

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, expresou a súa satisfacción pola realización desta vella aspiración do goberno municipal, que permitirá escolarizar a 61 nenos e nenas máis deste municipio, cunha poboación que se achega aos 14.000 habitantes, dos cales 434, coma xa se indicara, teñen entre 0 e 3 anos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones