Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A nova web de Turismo Rías Baixas xa está operativa

A nova páxina de promoción turística supón unha mellora visual e de contido e ten por obxectivo pór en valor o destino Rías Baixas para impulsar o desenvolvemento e a creación de postos de traballo na provincia

A nova páxina de promoción turística supón unha mellora visual e de contido e ten por obxectivo pór en valor o destino Rías Baixas para impulsar o desenvolvemento e a creación de postos de traballo na provincia

Fecha: 28 de Julio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Esta mesma mañá comezou a estar operativa a nova web de Turismo Rías Baixas (www.turismoriasbaixas.com ), unha plataforma online elaborada por persoal propio da institución provincial e que non supuxo custos engadidos para as arcas provinciais. Como indicou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a presentación da páxina aos medios o pasado venres, esta web "ten por obxectivo pór en valor toda a potencialidade das Rías Baixas para atraer o maior número de turistas posible e contribuír, así, ao impulso do sector como factor de desenvolvemento económico, xeración de riqueza e creación de postos de traballo na provincia de Pontevedra".

A páxina pódese consultar en galego, castelán e inglés e tanto dende ordenadores como tablets e móbiles grazas ao seu deseño adaptado a cada dispositivo (deseño responsive). A instalación da nova plataforma xa está efectiva ao 100%, polo que non suporá ningún parón no seu acceso.

A nova páxina web, en consonancia coa tendencia actual dos destinos intelixentes, proporciona ás e aos turistas unha experiencia diferente que, ademais, poderán confeccionar segundo os seus gustos e necesidades. En concreto, a plataforma de forma automatizada ofrecerá á e ao visitante experiencias únicas acorde á estación do ano e permitirá introducir a forma na que cada persoa desexa viaxar, ben sexa sen compañía ou en parella, en grupo ou con nenas e nenos, en primavera ou verán, entre outras opcións.

Entre as moitas modificacións técnicas introducidas resaltan a simplificación da navegación e usabilidade para facela máis cómoda para a persoa navegante; a eliminación das votacións ou opinións, xa dispoñibles noutros portais; a posta en marcha de contidos accesibles e en menos clics e o re-deseño da web, acorde ás últimas tendencias e estándares creativos, potenciando a experiencia do usuario e unha interfaz limpa e clara.

Ademais, nesta renovada web os concellos, como pezas fundamentais que son dentro da estratexia turística que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo, terán maior protagonismo e espazo propio para a promoción dos seus recursos turísticos. Tamén ocuparán un lugar en portada os atractivos culturais, gastronómicos e deportivos da provincia, así como as novas e a axenda de eventos.

Na presentación, Carmela Silva manifestou a importancia das novas tecnoloxías "para promover o turismo, dando a coñecer todas as nosas potencialidades, captar a atención das usuarios e usuarios e contribuír a que as e os turistas, dende as súas casas, poidan planificar a viaxe ao destino Rías Baixas". Neste contexto, a Presidenta destacou que "a antiga plataforma web era inútil para a promoción turística, con información de difícil acceso e disuasoria xa que as usuarias e usuarios entraban unha vez e non regresaban máis". Por tal motivo, a nova páxina web -en palabras de Silva- "adaptada aos tempos, é moito máis atractiva, de fácil manexo, útil e eliminou os problemas técnicos que existían, co obxectivo de invitar ás e aos turistas a que coñezan o noso destino e facilitar a xestión e planificación da súa viaxe".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones