Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ocupación hoteleira no Baixo Miño medrou 2,7 puntos en decembro

Carmela Silva confirmou que en establecementos de turismo rural o crecemento foi ata dez puntos superior ao mesmo mes do 2018 e de ata 15 nas vivendas turísticas

O incremento da ocupación hoteleira de establecementos hoteleiros no período de Nadal foi de ata dous puntos máis que no mesmo período do ano anterior

Fecha: 20 de Enero de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os datos de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra de decembro de 2019 arroxan novamente resultados positivos con respecto ao ano anterior. Deste xeito, a presidenta da Deputación Carmela Silva confirmou un incremento de cinco puntos en decembro (con respecto ao mesmo mes do 2018) e de ata dous puntos no período concreto de Nadal segundo os estudos de Turismo Rías Baixas.

No caso do período de Nadal as comarcas que rexistraron unha maior suba foron Deza e Terra de Montes (ata 13,8 puntos máis), O Condado e A Paradanta (incremento de 9,3), a comarca de Vigo (8,3 puntos máis), a de Caldas (incremento de 8,1 puntos) e O Morrazo (5,1 puntos máis). Pola súa banda, durante todo o mes de decembro rexistráronse tamén importantes crecementos nas comarcas do Condado e A Paradanta, con ata 29,2 puntos máis; Caldas, cunha suba de 26,2 puntos; O Morrazo, con preto de 12 puntos máis; Deza e Terra de Montes; cun incremento de 6,1 puntos; e a comarca de Vigo con 1,3 puntos máis.

En canto á cidades, Vigo liderou os incrementos. Cos datos do barómetro provincial o concello vigués chegou ao 90% entre o 27 e 29 de decembro e do 100% entre o 29 de decembro e o 5 de xaneiro, cunha media do 72,3% en todo o mes final do ano.

Ao igual que aconteceu cos establecementos hoteleiros, tamén se detectou un importante crecemento en canto ao turismo rural, que superou en dez puntos os resultados acadados en decembro do 2018. Neste caso, o Morrazo chegou a rexistrar unha suba con respecto ao mesmo mes do 2018 de 30,7 puntos máis. Tamén a comarca de Vigo detectou ata 17,2 puntos máis, Deza e Terra de Montes subiu ata 11 puntos, Pontevedra 8,7 máis, O Salnés rexistrou un incremento de 8,4 puntos superior a decembro de 2018, O Condado e A Paradanta 3,6 máis e O Baixo Miño acadou unha suba de 2,7 puntos por riba que o mesmo mes do ano anterior.

Pola súa banda, as vivendas turísticas acadaron en decembro ata 15 puntos máis que en 2018, chegando ao 75% de ocupación hoteleira. Neste caso, por localidades, Vigo chegou ao 90% e ata o 100% na ponte, fins de semana e datas claves do Nadal; Sanxenxo acadou o 76%; Pontevedra superou o 75% e chegou ao 85% no Nadal; e Nigrán e Redondela o 85%

Visitantes dos Castelos e perfil das persoas turistas
Ademais, en decembro visitaron os castelos de Soutomaior e Sobroso 2.182 persoas, o que supón un centenar máis que no mesmo mes de 2018. O castelo de Soutomaior foi visitado por 1.325 persoas e o de Sobroso por 857.

En liñas xerais, segundo se rexistrou na rede de Oficinas de Turismo Rías Baixas, as persoas que chegaron ata a provincia de Pontevedra eran españolas (95%) procedentes de Madrid, Barcelona, Asturias, Badaxoz e Burgos. O 5% de persoas estranxeiras viñeron de Portugal, Francia, Arxentina, Italia e Reino Unido. A porcentaxe maioritaria de persoas que visitaron as oficinas de turismo da Deputación de Pontevedra contaba con entre 35 e 60 anos e aloxáronse en hoteis durante 4 e 6 días. O 51% escolleron o destino provincia de Pontevedra por ocio e o 37% por aspectos vencellados coa cultura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones