Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A ocupación hotelera en xuño foi dun 68% no Baixo Miño

Somos a zona de maior éxito de Galicia con incrementos continuos, o liderado do turismo de cruceiros, o aeroporto que máis crece e co maior incremento do turismo estranxeiro

Somos a zona de maior éxito de Galicia con incrementos continuos, o liderado do turismo de cruceiros, o aeroporto que máis crece e co maior incremento do turismo estranxeiro

Fecha: 30 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

"A provincia de Pontevedra está de parabéns, con datos de ocupación extraordinarios e con datos de rendibilidade e de emprego que nos sitúan entre as provincias máis avanzadas. Non se pode pedir máis". A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu hoxe os datos das estimacións de ocupación hoteleira en #PontevedraProvincia para o verán de 2018, que sinalan que, mentres que "de media na provincia superaremos o 80%", no caso da comarca de Vigo as estimacións sitúanse en torno ao 90%, isto é, preto de 10 puntos máis que a media provincial.

Deste xeito, a comarca de Vigo tería unhas estimacións de ocupación do 97% durante o mes de xullo e do 92% durante o mes de agosto. "Trátase dun incremento moi significativo fronte ás estimacións do verán pasado, xa que estamos a falar de sete puntos máis do agardado en 2017", sinalou Carmela Silva. A Presidenta provincial asegurou que "estou segura de que imos incrementar os resultados definitivos de 2017", que foron do 87,55% na provincia (84% en xullo e 91,1% en agosto). Este optimismo estaría en sintonía con entidades como Feprohos que, informou Carmela Silva, "asegura que a ocupación media este ano será un 3% superior á definitiva acadada o verán pasado".

Ademais, con datos xa pechados, a Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que a ocupación durante o mes de xuño foi do 70% na comarca de Vigo, fronte ao 68% rexistrado a nivel provincial, dun 68% no Baixo Miño e dun 65% no Condado e a Paradanta. A Presidenta resaltou que durante este mes "houbo unha elevada ocupación na cidade de Vigo" grazas en boa parte ao turismo de congresos, xa que a cidade olívica "acolleu en xuño máis dunha ducia de citas profesionais que encheron ao 100% numerosos hoteis da cidade". Carmela Silva tamén sinalou o papel líder que ten Vigo no turismo de congresos a nivel galego, xa que "durante o primeiro semestre do ano o 48% entrou polo Porto de Vigo".

Respecto ao que levamos de ano, segundo o INE de xaneiro a maio de 2018, a provincia xa recibiu a preto de 380.000 visitantes, de quen o 75% eran estatais (máis de 286.000) e o 25% restante eran persoas estranxeiras (preto de 93.000 persoas). "Nestes primeiros cinco meses do ano recibimos xa preto de 3.000 persoas máis que o ano pasado, cando nos visitaron algo menos de 376.300 persoas", informou a Presidenta. Carmela Silva sinalou que "de todas esas persoas, Vigo acolleu a máis de 142.000 das que 40.000 procedían do estranxeiro", isto é, o 28% fronte ao 21% de 2013. Estes datos sinalan que Vigo recibe ao 32,3% das persoas que visitan #PontevedraProvincia e o 9% das que visitan toda Galicia. "No 2017, a cidade rexistrou 421.000 visitantes, un ano de récord que este 2018 vai polo mesmo camiño", asegurou a Presidenta.

Peinador, fundamental no incremento da rendibilidade económica da provincia
Ademais, Peinador é un dos factores que a provincia de Pontevedra rexistre un incremento da rendibilidade económica das actividades turísticas, fronte ao descenso xeneralizado do Estado. "A provincia aumenta un 11,9% en canto a ingreso medio por habitación dispoñible e un 7,7% no emprego" e isto está ligado, informou Carmela Silva, ao turismo do interior e "á notable afluencia de turismo estranxeiro con fortes mellores da nosa conectividade aérea". A Presidenta incidiu en que "levamos tempo dicíndolle á Xunta que se aposta polo Aeroporto de Vigo terá consecuencias moi positivas para Galicia".

A Presidenta provincial resaltou que o Aeroporto de Peinador, "malia aos problemas que está a ter ultimamente co sistema antinéboa, que ninguén entende que se faga agora, rexistrou xa este ano preto de 416.500 pasaxeiras e pasaxeiros". Este ano supón un incremento do 9% respecto ao mesmo período de 2017. Deste xeito, o Aeroporto de Vigo é o que máis medra de Galicia, fronte ao 8,6% de Alvedro e o 4,6% de Lavacolla. Carmela Silva valorou que "este ano o máis seguro é que superemos a cifra do ano pasado, que foi superior ao millón da viaxeiras e viaxeiros". Peinador une #PontevedraProvincia con 16 destinos durante este verán: 9 cidades españolas (Barcelona, Bilbao, Eivisa, As Palmas, Madrid, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife Norte e Valencia) e 7 internacionais (Bolonia, Dublín, Edimburgo, Lisboa, Londres, Milán e París).

CARMELA SILVA ASEGURA QUE "#PONTEVEDRAPROVINCIA ESTÁ DE PARABÉNS" CUNHAS ESTIMACIÓNS DE OCUPACIÓN PARA ESTE VERÁN DE MÁIS DO 80%

A Presidenta da Deputación de Pontevedra resaltou que "queremos ser prudentes pero todo apunta a datos extraordinarios en Rías Baixas que aínda superarían o récord de 2017"

"Somos a zona de maior éxito de Galicia con incrementos continuos, o liderado do turismo de cruceiros, o aeroporto que máis crece e co maior incremento do turismo estranxeiro"

"A provincia de Pontevedra está de parabéns, con datos de ocupación extraordinarios e con datos de rendibilidade e de emprego que nos sitúan entre as provincias máis avanzadas. Non se pode pedir máis". A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu hoxe os datos das estimacións de ocupación hoteleira en #PontevedraProvincia para o verán de 2018, que sinalan que "de media superaremos o 80%". Deste xeito, fronte ao 60% que prevé o Clúster de Turismo de Galicia para toda a comunidade, a provincia de Pontevedra situaríase entre o 80% e o 90% segundo esta entidade, cunhas estimacións dous puntos superiores ás previstas o pasado 2017.

Malia a iso, Carmela Silva lembrou que "preferimos que as nosas estimacións sexan á baixa", mesmo tendo constancia de dous factores: o primeiro, que "portais de reservas como Booking falan xa nestes momentos dun 87% para xullo, dous puntos máis que o ano pasado, e un 88% para agosto" e, o segundo, que "moitos establecementos das Rías Baixas xa nos confirmaron que teñen o 100% das prazas cubertas para os dous meses". Por todas estas cuestións, Carmela Silva asegurou que "estou segura de que imos incrementar os resultados definitivos de 2017", que foron do 87,55% (84% en xullo e 91,1% en agosto). Este optimismo estaría en sintonía con entidades como Feprohos que, informou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, "asegura que a ocupación media este ano será un 3% superior á definitiva acadada o verán pasado".

Deste xeito, por comarcas, as estimacións que manexa a Deputación de Pontevedra serían dun 77,5% no Salnés (77% en xullo e 78% en agosto), un 75% na comarca de Pontevedra ou un 85% na do Morrazo (80% en xullo e 90% en agosto). Un dato "4% superior ao estimado para o verán de 2017", informou a Presidenta, é o da comarca de Caldas: 86% en xullo (mes de celebración do #RíasBaixasFests ‘PortAmérica' con posibilidades de chegar ao 100%) e un 85% en agosto. No caso da comarca de Vigo, a ocupación prevista é do 89,5% (87% en xullo e 92% en agosto), 7 puntos máis que o pasado verán. Para o Baixo Miño, un 91% (88% en xullo e 92% en agosto), para o Condado e a Paradanta un 84% (78% en xullo e 90% en agosto), con ata 13 puntos máis que os previstos en 2017, e finalmente un 61,5% para Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun 65% en xullo e un 58% en agosto. Do mesmo xeito, Carmela Silva avanzou as estimacións para setembro, que máis de dous meses antes xa se situarían no 66% na provincia, mentres que o ano pasado eran inferiores ao 60% a estas datas.

Con datos pechados, Carmela Silva sinalou que a ocupación durante o mes de xuño foi do 68% na provincia e, por comarcas, un 50% no Salnés, un 85% en Pontevedra, un 50% no Morrazo, un 81% en Caldas, un 70% na comarca de Vigo, un 68% na comarca do Baixo Miño, un 65% no Condado e a Paradanta e un 73% en Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Sinalou a Presidenta os altos datos das cidades de Pontevedra e Vigo por mor do turismo de congresos, no caso de Pontevedra axudada tamén polas oposicións de educación e o tríatlon.

Ademais, o INE sinala que o mes de maio de 2018 "foi de récord, o mellor desde que temos rexistros", con 108.000 visitantes das cales 72.500 eran do Estado, un 1,7% máis que en maio de 2017, e 35.153 do estranxeiro, un 13,5% máis. Estes datos sinalan que, de todas as persoas que visitaron Galicia en maio, o 30% estivo en #PontevedraProvincia, "ratificámonos como a zona de maior éxito en Galicia", asegurou Carmela Silva. O turismo estranxeiro ademais medra un 50% nunha década, comparándoo con datos de maio de 2008.

Bos datos para o turismo rural e liderado absoluto no turismo de cruceiros
A Presidenta da Deputación de Pontevedra ofreceu tamén as estimacións de ocupación no turismo rural, que se sitúan no 69%, é dicir, dous puntos máis que as estimacións do verán pasado (67%). Por comarcas, as estimacións no turismo rural son do 74% no Salnés, do 55% en Pontevedra, do 91% no Morrazo, do 85% en Caldas, do 88% no Baixo Miño, do 65% no Condado e a Paradanta e do 55% no caso de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. Carmela Silva informou de que "a provincia se sitúa á cabeza de Galicia neste negocio" e tamén que "lidera os rankings de incremento da demanda, cun 17% máis en duración da estancia media e en nivel de ocupación".


Carmela Silva tamén ofreceu datos por primeira vez de ocupación de vivendas turísticas, cunha previsión do 75% e unha ocupación do 70% durante o mes de xuño, e tamén dos cámpings da provincia: unha previsión do 77% en xullo e o 87% de agosto fronte á ocupación do pasado mes de xuño. En canto ao turismo de cruceiros, o 48% a nivel galego do primeiro semestre do ano "entrou polo Porto de Vigo, polo que a provincia tamén lidera neste tipo de turismo", sinalou a Presidenta da Deputación.

En total, segundo o INE de xaneiro a maio de 2018, a provincia xa recibiu a preto de 380.000 visitantes, de quen o 75% eran estatais (máis de 286.000) e o 25% restante eran persoas estranxeiras (preto de 93.000 persoas). "Nestes primeiros cinco meses do ano recibimos xa preto de 3.000 persoas máis que o ano pasado, cando nos visitaron algo menos de 376.300 persoas", informou a Presidenta. No pasado mes de xuño, ademais, en #PontevedraProvincia o crecemento de turismo estranxeiro foi do 13,5% respecto ao mesmo mes de 2017. "Cómpre resaltar que este tipo de turista ten maior presenza en temporada baixa, que é o noso obxectivo para desestacionalizar o destino, e polo tanto é fundamental incidir neste mercado para cumprilo", sinalou Carmela Silva.

Fronte á baixa do Estado, #PontevedraProvincia incrementa a súa rendibilidade
A Presidenta provincial resaltou algúns dos datos incluídos no barómetro de Exceltur da rendibilidade e o emprego dos destinos turísticos españois. Mentres que "no Estado detéctase unha ralentización no primeiro cuadrimestre en canto á rendibilidade económica das actividades turísticas", "hai zonas do Estado, entre as que destaca #PontevedraProvincia, nas que hai un maior crecemento". Deste xeito, a provincia encádrase como un destino de interior, de perfil cultural, que aumenta un 11,9% en canto ao ingreso medio por habitación dispoñible -o noveno lugar do Estado neste índice- e un 7,7% en emprego. "O aumento da rendibilidade turística de #PontevedraProvincia vén ligado ao turismo do interior, un dos grandes cambios que fixemos desde a nosa chegada e que está dando resultados, e tamén ligado á notable afluencia de turismo estranxeiro con fortes mellores da nosa conectividade aérea", resaltou Carmela Silva, que incidiu en que "levamos tempo dicíndolle á Xunta que se aposta polo Aeroporto de Vigo terá consecuencias moi positivas para Galicia".

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones