Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A OMIX de Tomiño descubre á mocidade o traballo de grandes artistas descoñecidas

Aberto o prazo de inscrición para este curso, que arrancará o 14 de marzo. Aínda quedan prazas para o obradoiro de Francés Básico

Aberto o prazo de inscrición para este curso, que arrancará o 14 de marzo. Aínda quedan prazas para o obradoiro de Francés Básico

Fecha: 13 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A OMIX de Tomiño segue a traballar para achegar á mocidade da vila unha oferta "atractiva e variada" que se adapte en gran parte á súa demanda formativa. O servizo acaba de abrir o prazo de inscrición para un novo curso, ‘Mulleres artistas por descubrir'.

Durante 10 horas, todas as persoas asistentes coñecerán máis sobre a arte e recoñezan a mulleres artistas que, "a pesar de ser grandes creadoras en distintas artes plásticas son tamén grandes descoñecidas". O curso, impartido pola artista plástica Gemma Marqués, comezará o 14 de marzo e rematará o 18 de abril.

O curso impartirase os mércores de 18.00 a 19.30 horas e terá un custe de inscrición de 10 euros. Para inscribirte soamente hai que encher o seguinte formulario: http://tomino.gal/curso-de-arte-mulleres-artistas-por-descubrir/

Curso de Francés Básico
A programación formativa da OMIX comezará este mesmo mes de febreiro con dous cursos diferentes. Por un lado, un curso de Radio que se iniciará o 22 de febreiro e que está a piques de colgar o cartel de cheo, e outro de Francés Básico, que arrancará o mércores 21 de febreiro. Neste último curso, durante 24 horas unha profesora nativa non soamente ensinará outro idioma senón que axudará aos participantes "a ampliar as habilidades comunicativas, a introducilos noutra cultura e mesmo a abrirlles portas a nivel laboral". O curso desenvolverase os mércores de 20.00 a 22.00 horas na Escola Obradoiro de Goián e ten un custe de 15 euros.

Os interesados poden inscribirse na seguinte dirección: http://tomino.gal/cursos-de-radio-y-frances-omix-2018/
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones