Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A OMIX de Tomiño trae o curso máis doce

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de -Chupipostres-, que se celebrará do 9 ao 30 de abril no Mercado Municipal

Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de -Chupipostres-, que se celebrará do 9 ao 30 de abril no Mercado Municipal

Fecha: 15 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño abre o prazo de inscrición para participar no curso máis doce de toda a programación anual: un obradoiro de ‘Chupipostres: cupcakes e galletas de mantequilla'. O curso, dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos, celebrarase do 9 ao 30 de abril nas instalacións do Mercado Municipal e as clases se impartirán todos os luns de 20.00 a 22.00 horas.

A través deste curso, todas e todos os participantes aprenderán todo o relacionado co mundo dos cupcakes e da repostería creativa con decoracións inspiradas na época do ano e partindo desde cero, o que abre as portas a todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a este tipo de postres.

Dun xeito divertido, o alumnado aprenderá que é un cupcake e como se elabora, ademais de recibir consellos e trucos para cociñalos. Tamén descubrirán como elaborar frosting e achegaranse á decoración con pasta de azucre ou fondant e á elaboración de figuras en formatos 2D e 3D. Outro apartado do obradoiro será a creación de galletas de manteiga, coa correspondente decoración; o uso da manga pasteleira e a conservación de produtos.

O curso custará 18 euros e se necesitará un mínimo de 15 persoas para impartilo. Pode facerse a inscrición en http://tomino.gal/curso-chupipostres-2018/ .

Éxito do curso de pilates
Pola súa banda, aínda está aberto o prazo de inscrición para participar no Curso de Francés Básico, que arrancou este mércores 7 de marzo e para o que aínda queda algunha praza dispoñible. O curso celebrarase ata ao 23 de maio na Escola Obradoiro de Goián. Neste caso, unha profesora nativa encargarase de impartir o curso, de 24 horas de duración e que se desenvolverá todos os mércores de 20.00 a 22.00 horas.
A inscrición pode facerse en: http://tomino.gal/cursos-de-radio-y-frances-omix-2018/

E éxito rotundo do curso de pilates para avoas, nais e fillas, que comezou este mércores as clases no auditorio de Goián e que arrancará o venres 9 de marzo as da Casa da Cultura de Tomiño. Máis de 80 mulleres inscribíronse para participar neste curso no que ademais dos beneficios desta disciplina tamén traballará o fortalecemento entre o grupo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones