Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A OMIX Tomiño participa na Semana Europea da Xuventude 2021

Baixo o lema -Our Future in Our Hands- lévanse á rúa e centros educativos un photocall e moita información sobre programas e actividades para a mocidade

Baixo o lema -Our Future in Our Hands- lévanse á rúa e centros educativos un photocall e moita información sobre programas e actividades para a mocidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño participa na Semana Europea da Xuventude 2021 “Our future in our hands”, que se celebra dende o 24 ao 30 deste mes. Con este fin, encherá as súas redes sociais de contido informativo.

A través dun photocall preparado para a ocasión, a oficina sairá á rúa para dar a coñecer os novos programas da UE para a xuventude 2021-2027, tales como o novo Erasmus +,  o Corpo Europeo de Solidaridade, a rede Eurodesk, etc. Unha das visitas programadas é o IES Antón Alonso Ríos para levar ao alumnado as últimas novidades sobre proxectos europeos e actividades.

Os puntos de Eurodesk España (Os puntos de Eurodesk España (entre os que se atopa a OMIX Tomiño) volcáronse na organización deste gran encontro bienal programando casi 50 eventos. Estas actividades levaranse a cabo online ou de xeito presencial e contarán coa participación de 5.500 mozos e mozas de todo o país), onde pon case 50 eventos, debe dicir arredor de 250 eventos, xa que así foi en realidade.

As Semanas Europeas da Xuventude (SEJ) organízanse cada dous anos e permiten trasladarlle á mocidade as oportunidades que lle ofrece a Unión Europea.

Nestes encontros foméntase o debate de temas relevantes para a sociedade co fin de coñecer  a opinión de mozas e mozos e de aumentar súa participación.

Tras a última Semana Europea da Xuventude celebrada en 2019, esta edición celebrarase do 24 ao 30 de maio e ten como lema “Our Future in Our Hands – O noso futuro nas nosas mans”.

Todos os eventos rexístranse no  Portal Europeo de la Juventud.

En redes sociais poden atoparse actividades cos hashtags #EUYouthWeek #SEJ2021 #EYW2021 #EurodeskEspaña #SomosEurodesk.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí