Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A partires deste mércores xa se poden recoller as entradas para a gala ano da lingua

Serán de balde e poden recollerse no Departamento de Cultura do Concello de Tomiño en horario de mañá

Serán de balde e poden recollerse no Departamento de Cultura do Concello de Tomiño en horario de mañá

Fecha: 28 de Noviembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

Dende o mércores día 28 de novembro, todas as persoas interesadas en asistir á Gala Ano da Lingua poderán retirar as súas entradas. Nesta ocasión establécese un único punto físico de retirada, que será o Departamento de Cultura do Concello de Tomiño, e permitirase retirar un máximo de 2 entradas por cada persoa. O horario de retirada corresponderá co horario de apertura ao público de 8:00 e as 14:00 horas .

As entradas da Gala do Ano da Lingua son de balde e estarán a disposición do público ata que se esgoten as 325 butacas coas que conta o Auditorio de Goián. Hai que lembrar que esta Gala terá lugar o sábado 8 de decembro ás 20 horas no Auditorio Goián e que ese mesmo día tamén se programa unha sesión matinal na Praza do Seixo para público familiar, que se trasladará ao Mercado en caso de choiva.

A gala, que estará presentada pola actriz Isabel Risco, contempla unha performance realizada ad hoc pola poeta Tamara Andrés, un espectáculo aéreo a cargo de Rebeca Santos, e as actuacións musicais de Andrea Pousa, Leilía e A Banda da Loba. En canto á sesión matinal, que comezará ás 12h, inclúe o Concerto Punkinfantil, para público infantil e familiar, e nunha actuación de Blues do País, nunha sesión vermú.

O 8 de decembro Tomiño converterase, con estes dous eventos, no centro dos actos cos que a Deputación de Pontevedra remata o Ano dedicado á promoción e ao compromiso coa lingua galega. A institución provincial continúa, deste xeito, coa súa filosofía de descentralizar os actos principais do ano e levándoos a distintos puntos da provincia co fin primordial de facelos accesibles a toda a poboación, independentemente do lugar onde resida. Tomiño é o terceiro concello que acolle unha Gala destas características, despois que no ano 2017 se celebrase en Cangas con motivo do Ano do Patrimonio, e no ano 2016 tivese lugar en Pontevedra co gallo do Ano Castelao.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones