Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A petición dos nenos e nenas de Tomiño, o Concello comprométese a axudar aos refuxiados, a través de Unicef

A Casa da Cultura acolleu un pleno infantil para conmemorar o Día Internacional da Infancia

A Casa da Cultura acolleu un pleno infantil para conmemorar o Día Internacional da Infancia

Fecha: 19 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño comprometeuse este venres a través da alcaldesa, Sandra González, a crear unha partida orzamentaria destinada a canalizar por medio de Unicef, a axuda aos refuxiados que se ven obrigados a fuxir doas seus países por culpa das guerras e outras catástrofes.

A promesa da rexedora, tivo lugar ao final do pleno infantil celebrado este mediodía na Casa da Cultura, co fin de conmemorar o Día Internacional da Infancia e o 27 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).

A sesión plenaria contou coa presencia de alumnado dos colexios públicos de Primaria, incluído o CRA (Centro Rural Agrupado) Mestre Manuel Garcés; Marisé Pérez Mariño, vocal do comité vigués de Unicef, docentes e público en xeral.

Cada un dos centros educativos expuxo un tema relacionado coa CDN (dereitos á saúde, á participación, á protección, á familia, á educación, etc.). O CEIP de Tebra (clase de 4º curso) tocou o tema do dereito á protección da poboación infantil a non traballar, a non ser maltratado nin obxecto de acoso escolar; a ser protexido das guerras e desastres naturais, etc.. Neste punto, e trala proxección dun vídeo alusivo, foi notoria a preocupación dos menores tomiñeses polo drama dos refuxiados e incluso preguntaron á alcaldesa se o Concello tiña previsto axudarlles dalgunha forma.

Deste xeito e logo de consultalo coa representante de Unicef, a rexedora local anunciou formalmente o seu compromiso e o do seu equipo de goberno, explicando que ao non ter unha forma máis directa de poder axudar ás familias afectadas, faríano a través dos canais de Unicef.


O evento celebrouse na Casa da Cultura, e tivo unha duración de 1 hora e media, aproximadamente.


O alumnado participante fixo propostas concretas para mellorar a situación da poboación infantil no mundo, que entregou por escrito á alcaldesa. Os peques do CRA, fixeron un vídeo, que foi proxectado ao inicio da sesión, defendendo o dereito a xogar.


Sandra González pechou a sesión plenaria, agradecendo a presenza e traballo de todos os participantes e animando a seguir loitando polos dereitos infantís e doutros grupos sociais desfavorecidos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones