Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A piques de rematar o prazo para presentar oferta por un dos catro postos de venta do Mercado de Goián

Os interesados teñen ata o 22 de decembro para inscribir a súa proposta no Rexistro Xeral do concello de Tomiño, na praza do Seixo

Os interesados teñen ata o 22 de decembro para inscribir a súa proposta no Rexistro Xeral do concello de Tomiño, na praza do Seixo

Fecha: 22 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Quedan poucas horas para que remate o prazo para presentar propostas coas que optar a conseguir un dos catro postos de venta que acollerá o recentemente remodelado Mercado de Goián. Tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra da licitación para a concesión de uso destes espazos, os interesados e interesadas en optar a un deles teñen ata este venres 22 de decembro como data límite para inscribir as súas propostas no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño, na praza do Seixo.

Os postos sácanse a concurso por 15 anos e con eles optarase a un local "nun espazo novo, acolledor, moderno, céntrico e moi ben acondicionado que está á altura das expectativas de praceiros e praceiras e de consumidores", como destaca o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione. "A praza de abastos é un emblema de Goián e a súa remodelación e posta en marcha responde ás demandas da veciñanza da zona, que quería un espazo no que continuar coa actividade do seu mercado", salienta.

A remodelación do Mercado de Goián contou cun investimento total de 109.557 euros, dos que 70.000 foron achegados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dunha axuda aprobada dentro da convocatoria ‘Espazos de Emprendemento Comercial no Rural'. Agora contará cun posto de carnizaría, peixaría, froitaría e floraría.

As obras serviron para modernizar o espazo interior da praza de abastos e facer pequenos cambios no exterior, tanto no pórtico para darlle accesibilidado ao local como na terraza para arranxar deficiencias de desgaste. A remodelación tamén permitiu abrir novos ocos de paso, crear unha illa central e axeitar unha parte das instalacións a outros usos relacionados coa cultura e a cohesión social.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones