Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A poboación de Cerveira e Tomiño avaliará os servizos e equipamentos compartidos

Repartíronse 4.000 enquisas entre a cidadanía dos dous municipios e os resultados servirán para deseñar a estratexia de futuro

Repartíronse 4.000 enquisas entre a cidadanía dos dous municipios e os resultados servirán para deseñar a estratexia de futuro

Fecha: 20 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Co obxectivo de coñecer o impacto da cooperación transfronteiriza no día a día e ponderar a demanda cidadá de servizos compartidos a prestar, os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira queren facer un estudo do que está a suceder no terreo. Por este motivo, ambos os dous concellos distribuíron arredor de 4.000 enquisas divididas por franxas de idade que servirán para deseñar e seleccionar os equipamentos a compartir por ambos os dous municipios no futuro.

A mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública, unida a unha maior cooperación entre a cidadanía e as institucións, é fundamental para o abandono das asimetrías existentes, para a promoción do acceso universal e común ao conxunto dos equipos e servizos e para a consolidación da desfronteirización.

O obxectivo principal do envío destas enquisas é coñecer de primeira man a opinión dos cidadáns de ambos concellos, sobre todo dos que partillan xa algún tipo de servizo compartido. Por outro lado, cos resultados obtidos a partir das respostas cidadás a Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira coñecerá o estado actual e real no que se atopa a cooperación entre fronteiras, sobre todo dos proxectos e accións que afectan directamente á cidadanía dos dous municipios, para traballar no fortalecemento das relacións e mellorar as estruturas de funcionamento.

En estreita colaboración cunha escolma de centros de ensino, asociacións cidadás e veciñais, entidades de benestar e solidariedade social ou técnicos dos servizos públicos, entre outros, repartíronse preto de 4.000 enquisas con 26 preguntas de resposta rápida para estudar o grado de coñecemento da poboación, así como as súas demandas en canto aos equipos de uso común. Deste xeito, a organización contará con información coa que deseñar accións de futuro nas que prime a opinión da cidadanía.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima a toda a cidadanía a participar de xeito activo nesta iniciativa e contestar ás enquisas para que "cando se poñan en marcha máis actividades enmarcadas no programa IINTERREG VA POCTEP cumpran as expectativas de todos os veciños e veciñas de Cerveira e Tomiño".

A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira é un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea. A cooperación transfronteiriza entre ambos os dous concellos ten pautado a súa acción arredor da valorización da participación pública e a cidadanía activa, poñendo en marcha o iniciativas como Orzamento Participativo Transfronteirizo ou a figura da Valedora Transfronteiriza, ademais de diversas accións e obradoiros que involucran a entidades e cidadanía.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones