Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A praza de abastos de Goián seguirá os pasos do mercado municipal do Seixo

O goberno local investirá máis de 110.000 euros na reforma do edificio coa creación de catro postos permanentes

O goberno local investirá máis de 110.000 euros na reforma do edificio coa creación de catro postos permanentes

Fecha: 02 de Agosto de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño remodelará a praza de abastos de Goián, seguindo a mesma filosofía da reforma do mercado municipal do Seixo. Así o decidiu por maioría a corporación en pleno hai uns días.

Como xa sucedera con este, o primeiro foi facer un estudo previo e plan de usos. Este paso implicou a consulta cos veciños e veciñas da parroquia, para garantir que o investimento respondera ás necesidades e desexos da poboación.

Nesta rolda de entrevistas e reunións, ocuparon un lugar destacado comerciantes e praceiros/as potenciais. Outro grupo ao que se prestou especial atención dende o Concello, foi ao dos emprendedores, xa que un dos obxectivos era determinar o número de postos necesarios e a variedade dos mesmos.


Deste xeito, tras o estudo, elaborouse un plan de usos e un proxecto para remodelar so a parte frontal do actual edificio, pechado dende hai tempo. A outra parte do local, dedicaríase tras a oportuna reforma, a outros usos, relacionados coa cultura e a cohesión social.

Así, o proxecto final do mercado de Goián, contempla crear catro postos de venda: unha carnicería, unha peixería, unha froitería e unha florería.

O importe total do investimento rolda os 110.000 euros, dos que 70.000 serán achegados pola Consellería de Industria, logo de que esta aprobara o proxecto dentro da convocatoria "Espazos de Emprendemento Comercial no Rural". O Concello sufragará o resto con fondos propios.


A concesión desta axuda valórase moi positivamente dende o goberno local, xa que se concederon moi poucos proxectos en toda Galicia. A remodelación do mercado municipal situado no centro de Tomiño, xogou sen dúbida, un papel importante á hora de valorar o novo proxecto por parte da Xunta.

A reforma tentará aproveitar o edificio existente pero seguir ao mesmo tempo a líña estética do mercado municipal do Seixo, de modo que exista unha continuidade entre as dúas intervencións.


A previsión do goberno local é que as obras estean rematadas no mes de decembro, xusto para o Nadal. Paralelamente, levarase a cabo o proceso de información para a adxudicación dos postos ás persoas interesadas, a través de subasta pública.

Para a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, este novo proxecto, significa "a consolidación da aposta do goberno local polo comercio de proximidade, e a concepción dos mercados coma puntos de dinamización económica e social dos núcleos urbanos". Outro dos obxectivos é conseguir facer do centro de Goián - a segunda parroquia máis poboada do municipio- un lugar de encontro e convivencia dos veciños e veciñas, seguindo a liña de humanización realizada no Seixo, arredor dos principais edificios do núcleo urbano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones