Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Praza do Calvario do Rosal acollerá un Mercado de productos locais os domingos pola mañá

A iniciativa pretende dinamizar o comercio na Praza do Calvario, punto neurálxico do municipio

A iniciativa pretende dinamizar o comercio na Praza do Calvario, punto neurálxico do municipio

Fecha: 02 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal ten entre as súas prioridades dinamizar o comercio, polo que quere por en marcha un mercado local de venda de productos básicos do campo.

CANDO:
Os domingos pola mañá é a data elixida para a realización do mercado

ONDE:
A Praza do Calvario, xa que é un lugar idóneo para a realización de feiras, mercados e eventos. O emprazamento desta actividade xurde tamén como dinamizador de toda a zona e dos comercios adxacentes.
QUEN: A proposta é extensiva a todas as persoas productoras e artesáns do noso concello, e tamén ás dos concellos limítrofes.

O único requisito para formar parte deste proxecto é ser productor/a, artesán ou familiar directo dalgún destes, para poder ter dereito a un posto de venda.

QUE: En canto aos productos de venda, a condición é limitarse a unha serie de productos que veñen fixados na lei autonómica polo Real Decreto 125/2014 do 4 de setembro, que regula en Galicia a venda directa dos productos primarios. Entendendo como produto primario o procedente da produción primaria da terra e da gandaría, excluída a caza, con destino á alimentación humana.

Poderanse vender directamente:
- Ovos
- Legumes e hortalizas
- Mel, pole, própole, e xelea real
- Froitas e froitos silvestres
- Cogomelos
- Cereais

Só poderán comercializarse en venda directa, baixo as condicións deste decreto, os produtos producidos na explotación da persoa vendedora, agás no caso dos cogomelos silvestres, que poderán ser recollidos fóra desta.

No caso da venda no mercado local, a etiquetaxe non será necesaria e poderá substituírse pola información oral transmitida polo/a produtor/a, agás no caso dos produtos que preceptivamente teñan que ser comercializados envasados, nos cales as indicacións da información da etiquetaxe figurarán no envase ou nunha etiqueta unida a este.

As persoas titulares das explotacións que realicen venda directa ao amparo deste decreto son responsables da seguridade e inocuidade dos produtos que producen e teñen que cumprir as normativas que afecten as súas actividades.

Ademáis dos productos da terra e gandería que se mencionan, o Concello tamén quere extender a outro tipo de artesáns as posibilidades do mercado.

As persoas vendedoras poderán participar tamén con flores, plantas, esencias, veas, artesanía textil, bimbe, coiro, macramé, bolillos, craft....sempre baixo a denominación Artesán de Galicia, ou como autónomos no epígrafe da súa actividade.

MÁIS INFORMACIÓN: As persoas que estean interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Concello para aclarar dúbidas, ou chamar ao teléfono 986625000.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones