Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ANUNCIA A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO PROVINCIAL DE IGUALDADE

Tratase da primeira vez que se crea na institución provincial un servizo para promover a igualdade entre mulleres e homes

Tratase da primeira vez que se crea na institución provincial un servizo para promover a igualdade entre mulleres e homes

Fecha: 29 de Agosto de 2015

Fuente: depo.es

Esta mañá, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta das actuacións presentadas na Xunta de Goberno entre as que destacou a posta en funcionamento do servizo provincial de igualdade, inexistente ata o día de hoxe na institución.

Carmela Silva sinalou que "esta é unha das grandes apostas do novo goberno da Deputación xa que por primeira vez créase un órgano propio de igualdade que, ata o de agora e aínda que pareza mentira, non existía. Creo que debíamos ser unha das poucas, senón a única, deputación provincial que non tiña un servizo de igualdade".

O novo servizo de igualdade da Deputación de Pontevedra, tal e como sinalou a Presidenta, responde a tres fins fundamentais:
 
- Promover a igualdade entre mulleres e homes. Neste sentido, Carmela Silva asegurou que se traballará "a través da educación como mellor ferramenta para acadar unha verdadeira igualdade e a través de estratexias activas para a súa implantación nos concellos, comunidades educativas e universidade".

- Visualización das mulleres na sociedade mediante a colaboración e traballo diario coas asociacións da sociedade civil de todos os sectores produtivos e profesionais nos que traballan as mulleres: mulleres do ensino, da comunicación, do audiovisual, de sectores produtivos, da cultura, da ciencia, da sanidade, etc.. Así, a Presidenta destacou que se trata de "facer visibles as mulleres que hoxe ocupan posicións en todas as áreas do público e privado".


- A transversalidade, porque, como así sinalou Silva, "as políticas de igualdade teñen que impregnar todas as áreas de traballo da institución, e facerse efectivas nos concellos para estender esa igualdade a todos os niveis da sociedade e incorporar ese principio como un factor de cohesión social".


O principio de igualdade e a perspectiva de xénero serán, ademais, implantadas na xestión dos RRHH, na formación do persoal da Deputación así como no servizo de prevención de riscos laborais.


Ademais o servizo provincial de igualdade traballará, tal e como destacou Carmela Silva, "en algo tan fundamental como é a linguaxe: instrumento que temos para crear pensamento, conviccións e formas de entender e relacionarse no mundo. En concreto potenciarase a linguaxe inclusiva nos textos que leve a cabo a institución provincial, incluíndo tamén as campañas de comunicación institucional. Este é un ámbito moi importante de actuación para a loita contra a desigualdade e para evitar a violencia de xénero. Soamente en sociedades que estean plenamente convencidas dos principios de igualdade se poderá evitar sociedades nas que as mulleres sexan asasinadas polo mero feito de ser mulleres".


Coa finalidade de potenciar a linguaxe inclusiva a Deputación de Pontevedra creou xa unha guía de linguaxe inclusiva que, en palabras da Presidenta provincial, "a partir de agora empregarán todas as áreas da Deputación así como se enviará ós concellos da provincia para que teñan a posibilidade de utilizar".


Xa para rematar, Carmela Silva informou que hoxe tamén se presentou na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra unha declaración institucional en contra da violencia machista na que se expresa o firme compromiso do goberno da institución provincial para poñer en marcha actuacións contra esta terrible lacra social. A Presidenta sinalou que "imos traballar de forma moi especial en actuacións para a loita contra a violencia de xénero,


sobre todo despois dun verán tan horrible como o que estamos a ter. No que vai de ano 25 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas, a última onte en Jaén, ademais de 7 nenas e nenos. Desde as institucións xa non podemos mirar cara outro lado, temos que traballar de forma inmediata con todos os medios que podamos poñer a disposición para loitar contra a violencia machista".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones