Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra celebra a baixada do paro pero amosouse preocupada polo modelo de emprego que se agocha tras estas cifras

Carmela Silva lamenta a precariedade, temporalidade e baixa taxa de cobertura de desemprego que desvelan os datos do paro

Carmela Silva lamenta a precariedade, temporalidade e baixa taxa de cobertura de desemprego que desvelan os datos do paro

Fecha: 05 de Julio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

No caso de Pontevedra hai 74.654 persoas desempregadasA Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou hoxe a súa preocupación polos datos que se desprenden dos rexistros do Servizo Público de Emprego Estatal relativos ás persoas demandantes de emprego, ao paro, aos contratos e prestacións por desemprego relativas ao mes de xuño. Se ben Carmela Silva valorou positivamente a redución do número de persoas desempregadas en todo o Estado, advertiu que unha vez que se analizan os datos polo miúdo "non podemos deixar de falar de precariedade, temporalidade e de baixa taxa de cobertura de desemprego".

No que se refire ás cifras estatais a Presidenta advertiu de que "se imos ao fondo dos datos vemos como apenas o 7,97% dos traballos que se crean son indefinidos e ademais, desta porcentaxe, preto do 30% son a xornada parcial. Polo tanto, o pouco traballo estable que se crea tampouco ten as garantías de acadar traballadores e traballadoras que teñan recursos e dereitos para fortalecer a economía". Ademais, estes salarios baixos e a inestabilidade laboral son os causantes de que a demanda interna no país "siga estando coxa".

Igualmente, Carmela Silva amosouse preocupada porque en Galicia o número de empregos indefinidos está por debaixo do 10%. No caso de Pontevedra hai 74.654 persoas desempregadas e a esta baixa contratación hai que engadir que a maioría dos contratos son a tempo parcial o que supón "un serio problema" e constitúen, para a Presidenta da Deputación, "uns datos inasumibles".

En canto ás taxas de cobertura de desemprego no Estado, a Presidenta lembrou que "o 46% das persoas sen traballo tampouco teñen cubertas as súas necesidades básicas" e recordou que "no ano 2011 a taxa de cobertura estaba por riba do 80% polo que, a pesar de que había desemprego, as familias tiñan cubertas as súas necesidades básicas". Na provincia de Pontevedra os datos son similares, xa que un 51,1% das persoas desempregadas non están cubertas polas axudas ao desemprego.

Carmela Silva insistiu na importancia de defender un emprego de "calidade, fixo, estable e de dereitos". Un modelo no que "os e as traballadoras se formen na empresa, cos valores da empresa, con contratos dignos, estables e duradeiros". Ademais, "este modelo con empregos fixos e de calidade fai que as persoas traballadoras sexan máis produtivas e teñan un maior compromiso coa empresa, e que polo tanto rendan máis e mellor", explicou Carmela Silva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones