Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A primavera enche de actividade a Praza do Calvario no Rosal

O Concello pon en marcha un amplo programa de actividades co que gozar de toda a contorna durante os vindeiros dous meses

O Concello pon en marcha un amplo programa de actividades co que gozar de toda a contorna durante os vindeiros dous meses

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Abril de 2023

Fuente: Concello do Rosal

Gozar da Praza do Calvario e de toda a súa contorna durante os vindeiros dous meses. Ese é un dos obxectivos co que nace ‘Primavera na Praza’, un programa de actividades posto en marcha polo Concello do Rosal que ata xuño aglutinará numerosos e variados eventos que atraerán a todos os públicos. “Con este novo programa empregamos a cultura non só como actividade de lecer para os veciños e veciñas, senón tamén como forma de convivencia e de encontro social para desfrutar do Rosal”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

As actividades arrancarán esta mesma fin de semana coa Feira do Libro o 23 de abril, toda unha xornada na que o público poderá achegarse á literatura a través de diferentes espectáculos para distintas idades. O xoves 27 de abril a Praza do Calvario acollerá a visita do foodtruck ‘Galicia sabe a mar’, co que se poderán degustar de balde produtos galegos do mar en horario de mañá e tarde.

Barafunda inaugurará o mes de maio co seu espectáculo infantil ‘Pinga-Pinga’, co que os máis pequenos e pequenas poderán aprender a facer un uso responsable da auga. Será o sábado 6 ás 12.00 horas. O seguinte sábado, 13 de abril, será a quenda do Festival da Asociación de Comerciantes do Rosal, ACOR, coa súa Feira de Oportunidades, torneo de petanca, música, comida, xogos, concursos... durante todo o día.

O Día das Letras Galegas, o 17 de maio, a Praza do Calvario acollerá ‘A Festa da nosa lingua’, unha tarde chea de actividades musicais con grupos locais coas que homenaxear tamén a Francisco Fernández del Riego. O sábado 20 de maio volven as actividades para público infantil co espectáculo de monicreques ‘Toribio de Mañón’, de Viravolta Títeres, que achegará a historia do famoso bandoleiro galego á cativada a partir das 12.00 horas.

O mes de xuño comezará coa sesión vermú o día 10 amenizada co grupo musical Tonichi&Pacheco e rematará o día 28 coa conmemoración do Día do Orgullo, na que haberá dende as 19.30 horas ‘Skeirrum’ polo centro do Calvario e a actuación musical de Terapia de Grupo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí