Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A programación cultural de primavera organizada polo Concello de Tomiño, comeza o día 1 de abril co III Encontro Minho-Galiza

A exposición de pintura -Espantallos do Vento no Camiño-, que permanecerá aberta no mercado municipal durante o mes de abril, forma parte tamén do programa

A exposición de pintura -Espantallos do Vento no Camiño-, que permanecerá aberta no mercado municipal durante o mes de abril, forma parte tamén do programa

Fecha: 01 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Co mes de abril chega a programación cultural de primavera organizada polo Concello de Tomiño, coa colaboración da Deputación Provincial.

A primeira das propostas terá lugar o día 1 de abril, co III Encontro Minho-Galiza, un debate sobre a música galego-portuguesa e das palabras que transporta para a interculturalidade e a identidade da lingua, organizado pola Universidade do Minho (Braga) co apoio do Concello de Tomiño, Xunta de Galicia, Radio Municipal de Tui e Radio Universitaria do Minho.

Asemade, o mercado municipal acollerá tamén a partir do 1 de abril, a exposición "Os Espantallos ao Vento no Camiño", na que participa unha vintena de artistas luso-galaicos. A mostra, con máis de 20 artistas galegos e portugueses, forma parte do proxecto "Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño de Inverno", do rosaleiro Manuel Estévez , e conta coa colaboración do artista tomiñés Basilio Calzado.


O sábado 8 de abril, haberá teatro con Producións Excéntricas e a súa obra "Os amores de Jaques o fatalista". Será no Auditorio de Goián ás 22.00 horas. Entrada 5 euros, que se poderá adquirir na taquilla unha hora antes da función.


Teatro tamén o sábado 22 de abril, con Avento Producións e "Como sobrevivir a unha apocalipse zombi". Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 3 euros.


Seguindo coa programación cultural de primavera, Producións Chévere traerá "As fillas bravas". Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 5 euros.


O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto ás 12 do mediodía, e haberá obradoiros e venda de libros na Praza do Seixo.


O venres 19 de maio, Luis Bará presentará o seu libro "Non des a esquecemento". Será no mercado municipal ás 21.00 horas.


Por último, o sábado 20 de maio, pechará a programación de primavera o Teatro Lope de Vega, con "Pai non hai máis que un". Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 2 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí