Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A psicóloga Pepa Horno inaugurou este luns a V Semana da Educación de Tomiño

A alcaldesa Sandra González resaltou o -orgullo de que Tomiño sexa coñecido máis alá das nosas fronteiras polo seu traballo a prol da infancia e da adolescencia-

A alcaldesa Sandra González resaltou o -orgullo de que Tomiño sexa coñecido máis alá das nosas fronteiras polo seu traballo a prol da infancia e da adolescencia-

Fecha: 11 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A Semana da Educación de Tomiño arrancou a súa quinta edición este luns falando dunha preocupación real no ámbito educativo e familiar: "estamos inoculando medos ás nenas e nenos". Así comezaba a súa conferencia a psicóloga e consultora en infancia, afectividade e protección Pepa Horno, unha charla coa que fixo entender ao público que ateigou o Auditorio de Goián que "dividimos a vida en brancos e negros. E cando traballamos dende a perspectiva da protección debemos ser conscientes de que o medo paraliza e que o que realmente axuda a garantir o desenvolvemento dos nenos e nenas é xerarlles fortaleza emocional, facelos máis forte". Unha fortaleza que, segundo Horno, chega da man de tres elementos claves que se deben de ter en conta á hora de educar: a autorregulación emocional, a integración emocional e a capacidade de resiliencia.

Pepa Horno fixo especial fincapé no presente que está o medo nas vidas de pais, nais, educadores... porque "criar e educar implica vivir con medo, a que lles pase algo, a equivocarnos... a moitas cousas e moi diferentes, pero medo". "Temos que saber como xestionar os nosos medos porque non educamos no que dicimos nin no que facemos, educamos no que vivimos. Por iso é imprescindible o autocoidado e o benestar propio, porque é un investimento que facemos tamén no seu benestar e no seu desenvolvemento. Irse a tomar unha cervexa, anotarse a clases de ioga, saír de excursión sen fillos e fillas... iso tamén é ser bo pai ou nai, porque esas vivencias van facer que esteamos mellor. E ten que haber congruencia entre o que dicimos, o que facemos e como estamos", destacou a psicóloga.

Horno explicou ao público que errar é inevitable porque "é imposible facelo ben 24 horas ao día 365 días ao ano. É importante rematar co mito de que como coidadores non podemos equivocarnos e ser conscientes de que cometeremos erros e que temos que aprender a perdoarnos. Non se trata de xerar unha burbulla arredor das nosas fillas e fillos, senón de darlles as ferramentas para que sexan capaces de enfrontarse á vida".

Traballo a prol da infancia e da adolescencia
A alcaldesa Sandra González foi a encargada de presentar á conferenciante na xornada inaugural da V Semana da Educación, un evento anual que fai que Tomiño "sexa coñecido máis alá das nosas fronteiras polo noso traballo a prol da infancia e da adolescencia. Para nós é un orgullo ser capaces de organizar a tanta xente e ver a tanta xente interesada en escoitar e en aprender en todo o que rodea á educación". A alcaldesa quixo resaltar unha das máximas de Pepa Horno: quen nunca recibiu amor non é capaz de dar amor. " Ser uns pais e nais capaces de dar afecto para moitos de nós é algo tan cotiá que nos esquecemos que para outras persoas non é doado de dar se nunca o recibiches. Debemos reflexionar como queremos que sexa o futuro, se queremos unha sociedade baseada no amor ou na violencia, unha sociedade baseada na ledicia ou no medo. E debemos animar ás nosas fillas e fillos a equivocarse, a cometer os seus propios erros".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí