Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A rapazada tomiñesa devolveralle a voz á soprano Esperanza Mara no espectáculo -Xogando coa música-

Contacontos interactivo este xoves 20 de xullo ás 19.30 horas na Praza da Mina. De balde

Contacontos interactivo este xoves 20 de xullo ás 19.30 horas na Praza da Mina. De balde

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Julio de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

A Praza da Mina convértese este xoves 20 de xullo ás 19.30 horas no escenario dun novo espectáculo dirixido a público infantil e familiar. A soprano Esperanza Mara chega a Tomiño con ‘Xogando coa música’, un contacontos interactivo que busca promover a expresión oral e escrita de nenos e nenas a través da música como vehículo educativo.

A través deste conto, a rapazada acompañará a unha soprano que tivo a desgracia de que un neno se rira dela nunha actuación e perdera a capacidade de cantar. Nenos e nenas terán que axudala a recuperar a súa voz a través dunha serie de actividades interactivas que lle devolvan a ilusión e vontade de cantar.

Licenciada en Canto Lírico e Violonchelo e cun Máster en Canto e outro en Investigación Musical, Esperanza Mara é unha artista e creadora multidisciplinar que actuou nas máis prestixiosas salas e teatros de España, Portugal e Francia. A través de Emanarte promove e divulga a música clásica en diferentes formatos e para diversos públicos, buscando ademais a fusión con outros estilos.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, anima a toda a rapazada a participar neste contacontos e “mergullarse no marabilloso mundo da música clásica e o canto dun xeito divertido e entretido”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí