Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A RECUPERACIÓN DA FORTALEZA DE GOIÁN PROTAGONISTA DA PROMOCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN FITUR

Esta actuación deseñada polo arquitecto Pablo Gallego Picard foi seleccionada pola Deputación de Pontevedra para formar parte da ruta -Arquitectura contemporánea nas Rías Baixas: Espírito Creativo-

queremos seguir potenciando este espazo apostando polo Río Miño como eixo vertebrador das potencialidades turísticas de Tomiño

Fecha: 22 de Enero de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá en FITUR unha nova liña de promoción turística centrada no espírito contemporáneo, vangardista e creativo das Rías Baixas. A través desta actuación, que leva o título de "Arquitectura contemporánea nas Rías Baixas: Espírito Creativo", preténdese instaurar unha nova ruta que percorre 43 edificacións vangardistas distribuídas pola provincia de Pontevedra. Entre elas, figura a recuperación da Fortaleza de Goián (Tomiño), deseñada polo arquitecto Pablo Gallego Picard.

A recuperación da Fortaleza de Goián (Tomiño) rematou no ano 2012 e caracterízase por crear, mediante a restitución da ladeira, un novo espazo público e conexión entre a fortaleza de San Lourenzo, do século XVII, e unha praia fluvial bañada polo Río Miño. A través dun muro de formigón a recuperación resolve bancadas, crea zonas de sombra e novos servizos para a praia fluvial. Esta actuación foi seleccionada pola posta en valor do patrimonio arquitectónico e a súa integración paisaxística.

O concelleiro de Tomiño e deputado provincial, Uxío Benítez, destacou na Feira Internacional de Turismo de Madrid que "estamos moi orgullosos de que a recuperación da Fortaleza de Goián fose unha das obras elixidas pola Deputación de Pontevedra porque se tratou dunha aposta estratéxica do goberno de Tomiño para vincular un espazo emblemático, como a fortaleza de San Lourenzo, cun entorno ambiental marabilloso, como é o Río Miño e a súa ligazón con Portugal". Amais, Benítez adiantou que "queremos seguir potenciando este espazo apostando polo Río Miño como eixo vertebrador das potencialidades turísticas de Tomiño"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones