Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A vindeira fin de semana remata en Tomiño a axenda cultural de primavera e comeza o ciclo de verán -O Son da Praza-

O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño -MISS DOCET-

O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño -MISS DOCET-

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A vindeira fin de semana o auditorio de Goián volverá  ser un destino a ter en conta para gozar dunha intensa e extensa oferta cultural municipal.

 

O sábado 28 de maio, financiada polo departamento de memoria histórica da Deputación de Pontevedra, chega ata Tomiño “MISS DOCET”, o novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a "Miss España galeguista" e que será interpretada pola actriz Iria Pinheiro. Trátase dunha peza de teatro documental na que se recupera a memoria de Emilia así como a doutras mulleres que tamén foron silenciadas despois do 1936. A obra de teatro pretende traer á actualidade a biografía de Emilia Docet e dese xeito reparar unha parte da nosa historia e da nosa loita. 21.00 horas no Auditorio de Goián. A entrada é de balde.

 

Ao día seguinte, domingo 29 de maio, ás 17.30h, ofertarase un espectáculo familiar para todos os públicos. Chega a Tomiño POLO CORREO DO VENTO, un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. A actividade está financiada polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra. Achegarémonos de xeito creativo e divertido á figura de Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle adicou o día das letras galegas 2022. Entrada gratuíta.

 

E como colofón a programación #primaveractiva, tamén sen custe, tamén o  domingo 29 ás 20h, poderemos gozar no mesmo lugar de tres curtas pezas teatrais presentadas por Teatro da Apocalipse para rir e gozar co teatro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí